Consellos para saber aforrar diñeiro

Modelos e ferramentas que che facilitan o teu “colchón” financeiro.

Aforrar diñeiro non é unha tarefa sinxela. É por iso que, se o teu obxectivo é conseguir aforrar, é preciso que te organices ben para que che resulte máis fácil. Isto implica coñecer os teus ingresos, os teus gastos fixos, marcar un obxectivo de aforro e, sobre todo, estar disposto a realizar certos sacrificios. Tamén debes ser consciente dos teus límites e ser realista á hora de ditaminar o obxectivo de aforro. 

Pero, sobre todo, hai que ter claro o fin polo que se aforra para que o esforzo que se realiza se converta nunha motivación. Ademais, este é o que establece o teu aforro mensual e ditamina ata onde podes axustar o teu orzamento. Porque non é o mesmo aforrar para comprar unha casa que para ir de viaxe no verán ou para a xubilación. 

Así, neste artigo ímosche mostrar modelos e ferramentas que che serán de grande axuda na xestión do teu diñeiro e, ademais, á hora de alcanzar o aforro que desexas.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Xestiona a túa economía de forma fácil e sinxela

O modelo 50/30/20 é un dos mellores aliados que podes ter. É sinxelo no uso e, ademais, axúdache a organizar os gastos e potencia o teu aforro. 

Baséase nunha regra baixo a cal o 50% dos teus ingresos é destinado aos gastos fixos, o 30% aos gastos persoais e o 20% ao aforro. A súa dificultade radica, na maioría dos casos, en definir ben que se inclúe en cada partida, acción que debes levar a cabo antes de comezar e intentar non a saltar nunca.

Automatiza o teu aforro

Considerar o aforro como un gasto que debe ser tido conta sempre facilita o cumprimento do teu obxectivo. O mesmo que a automatización dos procesos para chegar a el, ao non ter que preocuparte deles. Consiste en crear unha serie de regras que executan traspasos do teu diñeiro da túa conta corrente a unha de aforros sen te teres que preocupar. Por iso, e se o modelo 50/30/20 che pareceu un bo método para aforrar, é posible automatizar ese 20%. 

Con Programa a túa conta, servizo exclusivo do BBVA, podes traspasar automaticamente todos os meses un diñeiro fixo da túa nómina, do teu saldo ao final do mes ou do que che sobre dos teus orzamentos, entre outras moitas funcionalidades.

Controla os teus gastos fixos

Debes revisar a diario os teus gastos fixos. Con iso, e da man do teu orzamento, podes facer unha fotografía mental do que invistes e se paga a pena conservar cada servizo que tes ou se, polo contrario, hai que descartar algún. Os comparadores en liña son de grande axuda nestes casos, ao seren capaces de localizar a mellor relación calidade-prezo de cada un. Por iso, e antes de realizar calquera compra, navega por Internet na procura desas ofertas que poidan reducir os teus custos nunha contía considerable. 

Para axudarche a controlar os teus gastos o BBVA dispón de Compárate, unha ferramenta que che mostra a comparativa con persoas da túa zona e de similares características; en concreto, da túa mesma idade, rango salarial, sexo e código postal. Estes datos permítenche saber se o gasto que estás realizando en cada área está por riba ou por debaixo da media e se debes, en cada caso, adoptar solucións.

E tamén os persoais

Os gastos persoais tamén fan falta na nosa economía. Por iso, se o teu obxectivo é aforrar, é importante que diferencies, por exemplo, entre unha compra necesaria e unha que non o é. Hai un truco moi sinxelo que che pode ser de axuda: antes de realizar o desembolso, deixa pasar unhas horas co fin de reflexionar sobre a necesidade dese obxecto. Se nese tempo non te aclaraches, talvez sexa porque non o necesitas. 

Se continúas tendo dúbidas, o BBVA ofréceche O meu día a día, funcionalidade coa que poder ter o diñeiro sempre baixo control. É moi intuitiva e fácil de usar e permíteche ver os teus ingresos e gastos ordenados en categorías co fin de saber a que destinas o diñeiro. Tamén che facilita coñecer os gastos innecesarios, para que che sexa máis sinxelo eliminalos ou reducilos.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Onde gardar o aforro?

Cando te enfrontas a un obxectivo de aforro, é importante que vaias sacando o diñeiro da conta corrente para que non percibas eses aforros como diñeiro para gastar. O BBVA ofréceche a Conta Metas BBVA, pensada para este fin. 

Logo de abrila, débeslle pór un nome, indicar o diñeiro que queres aforrar e a data que marcaches para cumprir o teu obxectivo. A propia conta xera alertas que te informan sobre a evolución dos teus obxectivos para estares sempre actualizado. E se nalgún momento necesitas o diñeiro aforrado, podes acceder a el de forma inmediata.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta