Consellos para aforrar diñeiro rápido e sen complicacións

Aforrar rápido é fácil se sabes como facelo.

Recibes a nómina e arrancas co teu novo propósito: aforrar. Porén, reunir con certa rapidez unha gran cantidade de diñeiro sen que isto xere complicacións é complexo. As cifras corrobórano: a taxa de aforro dos españois rexistrou o seu mínimo histórico en 2018. Neste período, moitas familias españolas destinaron a súa renda a bens que non puideron adquirir durante os anos máis duros da crise, sen gardaren nada para un futuro (próximo ou afastado). O bo? Calcúlase que en 2019 se reverterá esta tendencia. 

Á marxe disto, a realidade é que aforrar é máis sinxelo do que imaxinas. Basta con decidírelo, organizáreste ben e seres consciente da importancia que ten. Desde o BBVA queremos axudarche e, para iso, dámosche estes consellos para aforrar diñeiro rápido. Toma nota!

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Normalmente espérase ao final do mes para comezar. Unha opción nada desdeñable que, no entanto, pode decelerar o teu ritmo de aforro (sobre todo se queres aforrar canto antes). Por iso, e só neste caso, será máis fácil se o fas a principios de mes (ou no mesmo día que cobras a nómina). 

Para empezar, é necesario que teñas unha segunda conta á que transferir o diñeiro. Se é así, comeza cunha porcentaxe pequena como, por exemplo, un 5 %, que podes ir subindo co tempo e con base na túa realidade económica. Para che axudarmos con esta meta, e sempre a través de nosa app, dispós da funcionalidade Aforra a túa nómina de Programa a túa conta. Con ela podes realizar esa automatización dunha maneira moi simple e sen te moveres da casa.

Aforra coa túa tarxeta

A maioría das veces saes de casa coa tarxeta na carteira. Un feito que se pode converter nun problema se non se ten coidado aínda que, se se utiliza ben, pode aproveitarse para conseguir o que se denomina microaforro

Como? Ao pagar con ela, e grazas á regra de Arredondamento de Programa a túa conta, gardas “os trocos” (ata o seguinte euro) nun peto para conseguir unha cantidade maior que poderás usar no futuro.

Evita gastos innecesarios na túa xornada laboral


Tomar un café, un menú nun restaurante ou un aperitivo da máquina expendedora é un gasto innecesario que podes eliminar se te organizas ben e aproveitas o tempo libre para preparar o que vas consumir mentres traballas. 

Desde encher un termo coa bebida quente que queiras ata preparar un ‘tupper’ con comida caseira e algún extra (froita ou aperitivos, por exemplo), todas son solucións que che axudan a dar un paso adiante no teu obxectivo de aforro rápido.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Aforrar diñeiro na casa

Tamén podes aforrar na casa. E é que son moitos os gastos que hai que evitar e fácil a forma de facelo. 

Reducirás os teus custos ao momento se desenchufas os aparellos que non uses, moderas o consumo de calefacción ou aire acondicionado, compartes os servizos de pagamento (se é posible) ou utilizas produtos de baixo consumo. Solucións que non requiren moito tempo nin esforzo e que, a curto prazo, dan resultados positivos.

Ponte nas mans de Bconomy

Actualmente, dispós dun amplo abano de apps, tanto para Android como para iOS, que che axudan a controlar mellor as túas finanzas e, con iso, a alcanzar antes as túas metas de aforro. 

Desde o BBVA ofrecémosche Bconomy, unha ferramenta que che resultará útil xa que permite ver todos os gastos xerados pormenorizadamente. Así, e unha vez que saibas en que gastas o diñeiro, poderás eliminar os gastos innecesarios ou, polo menos, reducilos.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta