Paygold é a solución para comercios, profesionais e autónomos que queiran cobrar a distancia de forma rápida, sinxela e segura enviando unha ligazón de pagamento aos seus clientes.
Facilita o pagamento a distancia dos teus clientes sen necesidade de ter unha tenda en liña.
Realizar o pedido
Os teus clientes realizan o pedido desde as canles de compra: teléfono, correo electrónico, redes sociais ou outras canles a distancia.
Xerar ligazón de cobramento
Xera a ligazón de cobramento desde Paygold (My Business na app BBVA, portal de Redsys ou TPV Android) inserindo o concepto, o importe e o contacto do cliente. Tamén podes xerar códigos QR para pagamentos presenciais.
Recibir ligazón Paygold
Os teus clientes reciben a ligazón Paygold desde onde acceden a unha páxina de pagamento segura e teclean os datos da súa tarxeta ou Bizum. Unha vez finalizado o pagamento, ti e o teu cliente recibiredes a confirmación do pagamento.
Poderás vender desde a túa tenda física ou a través das redes sociais, o correo electrónico ou a mensaxaría instantánea, de xeito que non necesitas ter páxina web.
Evita procesos complicados de conciliación (como os aboamentos por transferencia), xa que verás aboadas todas as túas vendas ao día seguinte nunha única remesa e coa referencia e o detalle de cada operación.
Sen custos adicionais contratando un TPV Virtual, e por 1 euro ao mes cun TPV Android.
Vendes nas RR. SS. ou a distancia
Tes tenda física e TPV Android
Como podo activar a ligazón de cobramento Paygold?
Vendes nas RR. SS. ou a distancia
Se vendes nas redes sociais ou calquera outra canle a distancia, só necesitas un TPV Virtual con Ligazón de cobramento - Paygold. Unha vez activado o servizo, poderás xerar desde o portal de administración do TPV as ligazóns de cobramento ou códigos QR para compartilos cos teus clientes. Ademais, se es autónomo, poderás xerar as ligazóns de cobramento ou códigos QR desde My Business na app do BBVA.
Como podo activar a ligazón de cobramento Paygold?
Tes tenda física e TPV Android
Se tes unha tenda física e un TPV Android, solicita ao teu xestor a activación do servizo Paygold. Ao día seguinte, verás “Paygold” dentro das opcións de cobramento. Se non tes TPV Android, non dubides en solicitarllo ao teu xestor.
Paygold non ten un custo adicional co TPV Virtual. Aplícanse as mesmas condicións de comisións, tarifa de desconto ou Bono TPV do contrato, aínda que non teñas activado o TPV virtual estándar. No caso de activar Paygold nun TPV Android, o custo será de 1 euro ao mes, sen custo adicional sexa cal for o total de cobramentos Paygold que envíes.
Si, a través dun TPV Android.
Acepta a maioría das marcas de tarxetas existentes: Visa, MasterCard, Diners Club International, Discover, JCB, China UnionPay e American Express (de crédito, débito, prepagamento e virtuais), así como pagamentos Bizum.
Se ademais de Paygold vas realizar cobramentos desde o teu web ou app, podes instalar o TPV Virtual en xestores de contido como WooCommerce, PrestaShop, OSCommerce, Magento, OpenCart ou ZenCat. Ademais, contamos con plugins gratuítos para que o poidas facer de forma fácil e rápida. Se necesitas saber máis sobre información técnica, podes consultar o Manual de instalación para o desenvolvedor ou preguntar ao noso centro de soporte desde soportevirtual@bbva.com.