Tranquilidade para ti e para o teu negocio co cadro médico de Sanitas
Cunha ampla cobertura dixital para que te poidan atender especialistas da medicina sen ter que desprazarte.
Con asistencia extrahospitalaria.
Seguro de saúde contratado en coaseguro con Sanitas e BBVA Seguros.
Que coberturas ten?
Asistencia extrahospitalaria
Poderás contar con coberturas de asistencia extrahospitalaria de forma limitada, incluídas consultas presenciais e probas diagnósticas:
Medicina primaria (medicina xeral, pediatría e ATS) e especialidades médicas (dermatoloxía, xinecoloxía, psicoloxía, etc.). Ata un máximo de 3 consultas presenciais por persoa asegurada e ano.
Probas diagnósticas simples: análises clínicas, radiografías, ecografías, etc. Ata un máximo de 6 probas por persoa asegurada e ano.
Para pemes e empresas que queren facilitar un seguro de saúde con alto grao de dixitalización ao seu persoal empregado, ofrecéndolle unha cobertura asistencial básica, cun compoñente dixital moi robusto. Trátase dun seguro de saúde contratado en réxime de coaseguro no que son aseguradoras Sanitas e BBVA Seguros.
Solicitar Seguro Salud Activa Digital Pymes
Necesitas máis información?
Para pólizas novas o mínimo de asegurados que se pode incorporar é de 5 persoas. A idade máxima de contratación será ata 75 anos.
Este produto ten unha contratación mínima de 1 ano, por tanto, a renovación realizarase 12 meses despois da data de contratación.
O Seguro Médico BBVA Salud Activa Digital Pymes págase, a decisión do tomador, mensual, trimestral, semestral ou anualmente por domiciliación na conta da empresa.
Ademais, o primeiro recibo de cada anualidade inclúe o custo do Consorcio de Compensación de Seguros (CCS). Este custo é igual ao 0,15 % das primas da anualidade.
Solicita información sobre o custo da prima do seguro ao teu xestor ou a través do web.
BBVA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.A. Sociedade inscrita no Rexistro Administrativo Especial da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave OV-0060. Concertado seguro de responsabilidade civil e dispón de capacidade financeira.
Produto coasegurado ao 50 % por BBVASEGUROS, S.A. de Seguros y Reaseguros e SANITAS, S.A. de Seguros. Ambas as dúas entidades inscritas no Rexistro da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coas claves C-0502 e C-320 respectivamente.
A normativa establece que temos que proporcionarche un documento estandarizado coa información principal do seguro, para axudarche a comprender mellor as súas características.