Detalles de coberturas

    • Incapacidade temporal por accidente ou enfermidade: pagamento de subsidio diario cando por causa dun accidente ou enfermidade o asegurado quede incapacitado temporalmente para o exercicio da súa actividade profesional.
    • Hospitalización por accidente ou enfermidade: pagamento de subsidio diario cando por causa dun accidente ou enfermidade o asegurado deba estar hospitalizado temporalmente e non poida exercer a súa actividade profesional.
    • Incapacidade permanente absoluta por accidente: o mesmo capital que Falecemento por accidente.
    • Falecemento por accidente: pagamento do capital asegurado en caso de falecemento por accidente do asegurado e sempre que a defunción se produza no prazo de 1 ano contado desde a data do accidente.
    • Falecemento por infarto determinado como accidente de traballo: pagamento do capital asegurado en caso de falecemento do asegurado como consecuencia dun infarto de miocardio, sempre e cando sexa considerado como accidente de traballo pola autoridade legal competente e sempre que a defunción se produza no prazo de 1 ano desde a data do infarto.
    • Incapacidade permanente absoluta por accidente: pagamento do capital asegurado en caso de incapacidade permanente absoluta por accidente do asegurado.
    • Asistencia domiciliaria: posta a disposición do asegurado dunha rede de profesionais para a prestación de servizos en caso de baixa por enfermidade ou accidente ou hospitalización do asegurado. Inclúe:
      • Asistencia a domicilio e coidado de menores (limpeza e tarefas domésticas, atención a persoas dependentes, entrega de comidas, compra de comestibles, coidado de nenos). (Límite 35 horas para o conxunto de servizos e por anualidade de seguro. Duración mínima de cada servizo: 2 horas).
      • Transporte dun familiar para o coidado dos fillos menores. (Límite máx. 1.000 €/ano).
      • Coidado de mascotas (cans e gatos). (Ata 5 días/sinistro).
      • Asistencia telefónica: psicolóxica, médica e dietética e asesoramento xurídico. (Ilimitado).
    • Ampliación de continxencias: pagamento dunha prestación económica que será a resultante de multiplicar o capital diario polo número de días que o traballador non poida traballar con motivo de se producir:
      • Falecemento de familiares do asegurado por consanguinidade: pai, nai, filla/o, irmá/n, cónxuxe ou parella de feito: 3 días por sinistro.
      • Obriga de asistir a citacións de xulgados ou comisarías, cuxo incumprimento xere ao asegurado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa: 7 días/ano.
      • Peche do local onde o asegurado desenvolve a súa actividade laboral, por mandato da autoridade competente: 7 días/ano.
    • Ampliación cobertura baremo: esta cobertura amplía o período de indemnización por incapacidade temporal por accidente ou enfermidade ata un máximo de 30 días consecutivos que se engadirán aos días establecidos no baremo e sempre que persista a situación de incapacidade do asegurado transcorridos os días establecidos no baremo.