TIN

O tipo de xuro nominal (TIN) é a porcentaxe fixa que se pacta como concepto de pagamento polo diñeiro prestado e tamén o que lle paga a entidade por deixarlle unha cantidade determinada (por exemplo en forma de depósito). Indica o tanto por cento que se recibe por ceder o diñeiro. Non inclúe os gastos e comisións e non ten por que ser anual, xa que se refire ao período total do investimento.

Exemplo

Nun préstamo hipotecario o TIN mensual obtense sumando o euríbor ao diferencial aplicado polo banco.

TIN= euríbor (0,042 en xaneiro de 2016) + diferencial (1,25) = 1,292% TIN.

Tamén che podería interesar

  • Decide como te queres organizar, pagando as túas compras no mes seguinte ou en cómodos prazos.
  • Utiliza unicamente o diñeiro que tes na conta, tanto para realizar compras como para retirar efectivo en caixeiros.