Liquidez

Calidade dun investimento pola que é posible a súa transformación inmediata en efectivo. Para os valores cotizados, un bo grao de liquidez significa, en xeral, elevados volumes e frecuencias de contratación e escasa diferenza entre os prezos de compra e venda. Iso significa que se poden comprar e vender valores, de forma instantánea, sen que o prezo da operación se vexa afectado pola ausencia de contrapartidas.