Holding

Empresa que, tendo o seu activo formado na súa totalidade ou na súa maior parte por accións doutras sociedades, realiza actividades financeiras de control e xestión do grupo de empresas no que exerce o seu dominio. Son sociedades que non exercen por si a industria nin o comercio, senón que o seu obxecto é posuír accións doutras empresas, tendo así o control das mesmas.