Front running

Expresión anglosaxoa que alude a unha práctica que consiste en que o intermediario bolsista, advertido das boas posibilidades de certos valores, compra eses valores para si antes de recomendalos aos seus propios clientes.