Fondtesoro

Marca comercial xenérica dos diversos fondos de investimento centrados exclusivamente en Débeda do estado Español. Comparten cos fondos de investimento as vantaxes fiscais e ademais benefícianse do apoio publicitario do Tesouro Público e da posibilidade de utilizar os seus logotipos e sinais de identidade. Existen dous tipos: Fondtesoros FIM e FIAMM.