Divisa

Comprende tanto os billetes de bancos estranxeiros como os saldos bancarios denominados en moeda estranxeira. Son dereitos sobre o estranxeiro como: cheques, letras, xiros, saldos a contas correntes, etc, expresados en moeda estranxeira e pagadoiros no exterior. É un concepto máis amplo que o de moeda estranxeira.