Contrato de futuros

Contrato normalizado a prazo polo que o comprador se obriga a comprar o activo subxacente a un prezo pactado (prezo de futuro) nunha data futura (data de liquidación). Como contrapartida, o vendedor obrígase a vender o mesmo activo subxacente ao mesmo prezo pactado (prezo de futuro) e na mesma data futura (data de liquidación). Ata a devandita data ou ata que se realice unha transacción de peche, realízanse as liquidacións diarias de perdas e ganancias. A obriga de comprar e vender o activo subxacente na data futura pódese substituír pola obriga de cumprir coa liquidación por diferenzas, nos casos en que o activo non sexa entregable ou se poida realizar a entrega por diferenzas.