ADR

Siglas de American Depositary Receipt. É o certificado emitido nos Estados Unidos que recolle a titularidade de valores estranxeiros; os devanditos valores orixinais quedan depositados nun banco e o que circula para os efectos de negociación son os ADR. O pagamento do dividendo nos ADR realízase en dólares.