A tarxeta para pagar en autoestradas de peaxe e en estacionamentos sen facer colas
Paga en autoestradas de forma áxil e segura.
Obtén descontos en peaxes de autoestradas.
Como funciona?
A Tarxeta VIA-T Empresas permíteche pagar en autoestradas de peaxe (co distintivo VIA-T) e estacionamentos de maneira áxil e cómoda, aboando todas as operacións realizadas cada mes no día 5 do seguinte.
En autoestradas de peaxe (España, Francia e Portugal):
A Tarxeta VIA-T Empresas é un dispositivo que se coloca no interior do parabrisas do teu vehículo.
Ao pasar por unha peaxe de autoestrada sinalizada como VIA-T, detéctase o sinal emitido polo dispositivo, o que che permite continuar a viaxe sen parares o vehículo.
O pagamento queda rexistrado na tarxetae abóase no día 5 do mes seguinte.
Nos estacionamentos habilitados en España non necesitarás pasar polo caixeiro automático. A Tarxeta VIA-T Empresas realizará o pagamento por ti.
Para contratares a Tarxeta VIA-T Empresas debes ter unha conta no BBVA. A súa concesión está suxeita á autorización previa por parte do BBVA.
Necesitas máis información?
Si, para solicitar a Tarxeta VIA-T Empresas necesitas ser titular dunha conta.
O primeiro ano aplícase unha comisión de 36 € que poderás aboar nun único pagamento, a principios do ano natural, ou mensualmente (2 € ao mes). A partir do segundo ano, deberás aboar unha comisión por emisión e mantemento de 9 € nas mesmas condicións que a anterior (un único pagamento a principios de ano ou mensualmente por 1 €).
No caso de necesitares un duplicado da tarxeta, deberás aboar de novo a comisión de solicitude. Esta será de 36 € se previamente optaches por un único pagamento e de 24 € se escolliches pagar mensualmente.
O límite de crédito mensual da tarxeta será de 100 €, 200 €, 500 € ou 1.000 €.
O pagamento é único e realízase no día 5 do mes seguinte.
Cada mes enviarémosche un extracto con todos os pagamentos que realizases.
Solicitar Tarxeta VIA-T (telepeaxe)
Mellora a xestión das tarxetas dos teus empregados
Intégrase con ferramentas de xestión de gastos e ERP
Con Commercial Cards, a solución global de BBVA Pivot, poderás xestionar de forma máis áxil e eficiente os gastos realizados coas tarxetas corporativas do BBVA grazas á nosa integración coas ferramentas líderes do mercado.