O teu persoal empregado e provedores poderán facerche ingresos diarios do teu negocio en máis de 4.500 caixeiros BBVA.
Permítelle realizar ingresos de maneira segura, en calquera momento (24 horas do día, 365 días ao ano) e sen custo adicional.
Contrata a túa Tarxeta Ingreso Express nunha oficina BBVA.
Como funciona?
Coa exclusiva tarxeta Ingreso Express, ti ou o teu persoal empregado podedes ingresar a recadación diaria directamente na conta do teu negocio, en calquera momento do día en todos os caixeiros que conten co distintivo “ingresador”.
Modalidades e límites
Coa Tarxeta Ingreso Express, para as tarxetas anónimas, terás un límite máximo de ingresos de 1.000 € diarios.
As tarxetas nominativas, en cambio, non se ven afectadas polo límite diario de 1.000 €.
Vantaxes
Seguridade
Só permite facer ingresos.
Non é posible nin consultar movementos nin pagar.
Axilidade
Realiza ingresos en calquera caixeiro BBVA e de xeito inmediato.
Pódense realizar ingresos as 24 horas do día, 365 días ao ano.
Sen custo adicional
Operar con esta tarxeta non comporta ningún custo.