Que cobre este seguro?
-
O seguro dispón dunha única modalidade de contratación coas seguintes coberturas:
- Responsabilidade civil das persoas aseguradas:
- Perdas e gastos de defensa polas reclamacións presentadas contra os administradores, directivos e persoas que actúen baixo certas funcións de dirección ou supervisión na peme e nas súas filiais, así como as referidas a persoas físicas que exerzan un alto cargo en entidades participadas cando fosen designados expresamente no cargo pola peme.
- A cobertura alcanza tamén reclamacións presentadas contra cónxuxes, parellas de feito, herdeiros, legatarios, representantes legais e habentes causa destes, así como reclamacións presentadas contra empregados que desempeñen labores de xestión ou supervisión, ou cando sexan reclamados xunto aos administradores e directivos.
- Reembolso á sociedade: reintegro á peme, cando esta poida ou deba indemnizar as persoas aseguradas por perdas e gastos de defensa derivados de reclamacións.
- Fianzas:
- A constitución de fianzas civís.
- Os gastos de constitución e mantemento dun aval bancario.
- Os gastos de constitución de fianzas penais.
Que esixan os xuíces e tribunais ás persoas aseguradas a consecuencia de reclamacións.
- Novas filiais: a cobertura esténdese ás persoas aseguradas de entidades filiais constituídas ou adquiridas pola peme durante o período de seguro.
- Herdeiros, legatarios, representantes legais e habentes causa: extensión de cobertura por Reclamacións derivadas dun acto incorrecto cometido pola persoa asegurada falecida, declarada incapaz, insolvente, en quebra ou concursada.
- Cónxuxes e parellas de feito: éextensión de cobertura por Reclamacións derivadas dun acto incorrecto cometido pola persoa asegurada e que pretenda a reparación do dano por medio dos bens gananciais ou comúns aos consortes ou á parella.
- Cargos en sociedades participadas: pérdidas y Gastos de Defensa derivadas de reclamaciones contra las personas que ejerzan en una Sociedad Participada con cargo de Administrador, Consejero, Directivo, Gerente, Patrono, miembro de la junta directiva o cargo equivalente y hayan sido nombrados por la Sociedad.
- Extensión de cobertura durante 24 meses: período informativo inmediatamente posterior ao último período de seguro, durante o que as persoas aseguradas poden notificar reclamacións por actos cometidos con anterioridade ao vencemento do seguro.
- Defensa en reclamacións por contaminación: gastos incorridos na defensa das persoas aseguradas en reclamacións por contaminación accidental.
- Responsabilidade civil subsidiaria tributaria: perdas e gastos de defensa para seren satisfeitos polas persoas aseguradas como responsables subsidiarios da débeda tributaria da peme.
- Responsabilidade civil do fundador: atende reclamacións contra unha persoa asegurada ou un empregado, que actuasen na constitución da peme ou dunha entidade filial.
- Aval concursal: gastos de constitución e mantemento do aval que se puidese aceptar en substitución dun embargo ordenado contra a persoa asegurada nun proceso concursal da peme.
- Rehabilitación da imaxe pública: gastos incorridos polas persoas aseguradas en publicidade ou no deseño e realización dunha campaña publicitaria, dirixidos a restituír o estado da súa imaxe pública.
- Investigacións formais: gastos de defensa das persoas aseguradas por comparecencia a unha Investigación interna ou externa á peme con motivo dunha reclamación.
- Violación das prácticas de emprego por unha persoa asegurada: atende reclamacións derivadas da vulneración das prácticas de emprego presentadas contra as persoas aseguradas, contra os empregados, ou contra a propia peme.
- Multas e sancións administrativas: impostas ás persoas aseguradas, como consecuencia de calquera dilixencia, investigación oficial ou inspección formal, realizada por un organismo público con facultades inspectoras ou de control.
- Administradores retirados (6 anos): período informativo efectivo desde a data de vencemento ou cancelación do seguro, para atender reclamacións por actos cometidos con anterioridade a esa data, cando un alto cargo cesase nas súas funcións.
- Reclamación contra o Tomador por violación das prácticas de emprego: obriga de pagar a ou en nome do Tomador calquera perda e gastos de defensa que se deriven dunha reclamación con orixe ou fundamento nunha violación de prácticas de emprego. Unicamente nesta cobertura, a definición de Persoa asegurada inclúe a Sociedade.
- Gastos de defensa por homicidio imprudente ou violación involuntaria da Lei de prevención de riscos laborais: gastos de defensa das persoas aseguradas por reclamacións nas que se alegue homicidio imprudente ou violación involuntaria da Lei de prevención de riscos laborais ou lexislación similar en calquera xurisdición en relación á actividade mercantil da peme.
- Responsabilidade civil das persoas aseguradas: