BBVA SegurLeasing é un seguro asociado a operacións de leasing que garante unha indemnización á persoa beneficiaria cando o ben financiado por leasing sufra unha perda total.
En caso de perda parcial, procederase á reparación deste agás nos casos de operacións leasing de elementos de transporte, onde o seguro só responderá da perda total.
No caso de operacións inmobiliarias, indemnizarase o custo de reparación en caso de sinistro parcial ou o custo de construción do edificio en caso de perda total.
Poderá asegurar todos os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro, sempre e cando o financiamento se contrate mediante Leasing BBVA:
Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S. A. inscrita no Rex. da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave C-0109. Mediador: BBVA Mediación, Operador de Banca-seguros Vinculado, S.A. inscrita no Rex. Administrativo Especial de Mediadores de seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave OV-0060. Concertado seguro de responsabilidade civil e dispón de capacidade financeira.