Axudámosche a xestionar os teus pagamentos a provedores
Aforra tempo na xestión das túas facturas.
Servizo gratuíto.
100% en liña.
Que é o Confirming?
O confirming é un servizo que che fai máis fácil o pagamento a provedores. En lugar de estar pendente de todas as túas facturas, pásasnos a información e encargámonos de pagar na data exacta a cada provedor.
Como funciona?
Só hai que seguir estes sinxelos pasos:
Accedes á túa banca en liñapara empresas.
Envíasnos as ordes de pagamento subindo un ficheiro de datos.
E despreocúpaste. Os teus provedores cobrarán na data indicada ou terán a opción de solicitaren o anticipo da factura.
Máis vantaxes no teu día a día
Gañas tranquilidade
Terás a seguridade de que os teus pagamentos chegan a tempo a cada un dos provedores.
Optimizas recursos
Terás que dedicar menos tempo á administración e á xestión de constante de facturas.
Simplificas as túas tarefas
Desde a túa banca en liña poderás realizar ordes de pagamento, automatizalas e realizar consultas desde un mesmo lugar.
Mellora a relación cos teus provedores
As vantaxes que ofrece o Confirming aos teus provedores axudaranche a negociar mellores condicións e prazos.
Terán a garantía de que os pagamentos son xestionados a través dun banco fiable como o BBVA.
Poderán solicitar o cobramento anticipado das facturas.
Se solicitan o anticipo, axilizarán o cobramento da factura.
Como o podo solicitar?
Só tes que achegarte ás nosas oficinas ou pórte en contacto co teu xestor persoal, que te axudará a dar de alta o servizo na banca en liña para empresas para poderes comezar a usalo rapidamente.
Necesitas máis información?
Si. Ademais, o servizo de Confirming está dispoñible para realizar pagamentos nas principais divisas.
Os teus provedores cobrarán por transferencia. No caso de que non teñas os seus datos bancarios, o pagamento realizarase mediante cheque.
Non pasa nada. Cando queiras facer unha modificación ou anular unha orde de pagamento, só terás que pórte en contacto co BBVA por correo electrónico.
Para que o pagamento chegue a tempo terás que crear as ordes polo menos 3 días hábiles antes da data. Por exemplo, se tes unha factura con data de 6 de marzo, terás que avisarnos como máis tarde o día 3.
Ser cliente do BBVA
No BBVA ofrecémosche a información e as ferramentas para a xestión de institucións.
Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
Descubre BBVA Agregador de empresas
Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio
Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.