Ir ao contido principal

Actualidade do mercado FX

Outubro 2026

Desde comezos de setembro, o dólar revertía a depreciación rexistrada durante o verán. O índice dólar pasou de mínimos de catro meses de 98,70 a máximos de 18 meses por riba de 102,5 e pechou setembro cunha suba de case o 2%, o seu mellor mes desde xuño (ver máis). O EURUSD mantiña o nivel do 1,16 despois da reunión do BCE, pero caeu máis de catro cifras nas semanas posteriores ata mínimos de 17 meses preto de 1,1150 a principios de outubro (ver máis). Actualmente cotiza arredor de 1,12 (ver máis).

  • Fed: O 16 de setembro, a Fed confirmaba unha suba de tipos 25 pb por unanimidade. As previsións da propia Fed apuntan a outra suba en 2026. Tras a decisión, o índice dólar superou os 100 e o USD apreciouse fronte a todas as divisas do G10 (ver máis). A rendibilidade do bono americano a 10 anos superou o 5% por primeira vez desde 2007.
  • BCE: O BCE subiu os tipos o 10 de setembro ata o 2,50%, un nivel que considera neutral, e revisou á alza as súas previsións de inflación (2,5% en 2027). Isto permitiu ao EURUSD soster os 1,16 (ver máis). Non obstante, o apoio foi insuficiente fonte a una Fed máis agresiva, o shock enerxético e a reaparición dos medos fiscais sobre Francia. A inflación da eurozona repuntou ao 3,8% en setembro.
  • Caída do EURUSD nos últimos días: desde finais de setembro, a caída acelerouse e o motor pasou a ser o propio euro. O cruce perforou o mínimo do ano (1,1325) o 29 de setembro (ver máis). O 1 de outubro, caeu por debaixo do 1,13, despois de que o plan orzamentario francés non convencese o mercado e a prima de risco francesa se achegase a 150 pb, máximos desde 2012 (ver máis). O contaxio á periferia e a fuxida cara a activos refuxio (Bund, CHF) levaron o euro por debaixo de 1,12, a pesar dun dato de emprego americano feble en setembro. Non obstante, o rally do dólar comeza a mostrar signos de esgotamento (ver máis).