Cando queiras cobrar a un cliente, só tes que enviarlle unha solicitude de pagamento co importe e os datos do pagamento.
O teu cliente recíbeo e pode ver todos os detalles. Ademais, o proceso de pagamento realízase directamente desde a solicitude de pagamento e recibiralo a través dunha transferencia.
Ao xerares unha solicitude de pagamento, configuras os prazos que lles dás aos teus clientes para aceptar e pagar, que poderán ser de forma inmediata ou configurando unha data límite.
Se o teu cliente rexeita a solicitude, recibirás o motivo do rexeitamento, grazas ao cal te anticiparás a posibles impagamentos.
Cando un cliente non che paga un recibo domiciliado, a xestión complícase: non sabes exactamente cando che pagará, como che pagará ou con que concepto.
Solicitude de pagamento permíteche enviar unha solicitude de pagamento ou reempregar unha existente. O teu cliente poderá revisar todos os datos da solicitude antes de realizar a aceptación e conformidade do pagamento.
Ademais, ese pagamento realízase por transferencia, é irrevogable e non permite devolucións como sucede cos cargos.