App de loxística e paquetaría de Paack

A app que permite solicitar servizos de transporte e paquetaría a comercios que necesitan enviar a domicilio unha venda realizada, sen necesidade de ter un web ou unha app de venda online.

Vantaxes

    • Permite solicitar un mensaxeiro para recoller os paquetes no enderezo do comercio (ou onde este indique) e entregalos no enderezo do comprador desde o propio TPV.
    • O comercio pode seleccionar na app o día e o intervalo horario de entrega.
    • Control dixital dos envíos: tanto o comercio como o comprador terán información de seguimento do paquete a través de notificacións, e o comercio, tamén desde a propia app.

    E todo sen necesidade de ter un web ou unha app de venda online. 

Contratación

    • Vai á túa oficina do BBVA para solicitar a contratación dun TPV Android (se aínda non o tes) coa app de loxística de Paack.
    • Busca a app no teu TPV Android do BBVA e consúltaa de forma gratuíta. 
    • Se queres contratar o servizo de entregas de Paack para o BBVA, selecciona directamente desde a app o botón habilitado para facelo, aceptando os termos e condicións indicados e subministrando a información requirida para a alta.
    • A continuación, recibirás un usuario e un contrasinal e xa poderás comezar a traballar coa app.
    • Máis información.

Envía o teu primeiro pedido sen ningún custo para o teu cliente!*

Deixa que os teus clientes vivan a experiencia Paack, repetirán seguro.

*Cobrarase o valor da entrega, e será reembolsado ao cabo duns días.

* Servizo prestado pola empresa Paack a través da súa propia app ou software dispoñible no TPV para descarga. Paack é a única responsable do funcionamento, mantemento do servizo e de todas as obrigas legais e contractuais derivadas, especialmente en materia de confidencialidade e privacidade. O TPV só serve de simple soporte tecnolóxico para pór a disposición do establecemento a app. O BBVA non ten ningunha responsabilidade respecto ao servizo e ás consecuencias das accións de Paack. Os datos das operacións e clientes do establecemento que usen o servizo contratado por este serán tratados por Paack a través da súa aplicación instalada no TPV. O BBVA non terá acceso a ningún dato en relación co servizo.