App BBVA Cobros

Realiza os cobramentos con tarxeta a través do teu smartphone desde calquera lugar e non deixes escapar nin unha venda máis.

Acepta pagamentos con tarxeta desde o teu smartphone

BBVA Cobros é a app que che permite cobrar con tarxeta ou outros dispositivos a través do móbil para que fagas crecer o teu negocio esteas onde estiveres.

É cómodo e moi fácil de usar: só necesitas contratar un TPV Cobramento no móbil e baixar a aplicación no teléfono para empezares a cobrar aos teus clientes. Opcionalmente, se queres, tamén podes solicitar un lector de tarxetas de peto para conectar ao teu teléfono.

Envía aos teus clientes o tícket de compra por correo electrónico

Poderás cobrar sen necesidade de ter cambio ou efectivo, e enviar aos teus clientes o tícket de compra por correo electrónico. 

Contrátao por só 6 € ao mes, sen taxas extra nin comisións de mantemento. Tarifa plana mensual ata alcanzar 10.000 € de facturación anual. A partir desta cifra, cobrarase unha taxa de desconto do 1,10 %. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco a través de bbvacobros@bbva.com.

Descarga a guía de uso para máis información

Descarga a app BBVA Cobros