Para poder solicitar axudas PAC en forma de pagamentos directos, o solicitante ten que demostrar ser un agricultor (en activo) con terreos en explotación dentro do territorio da Unión Europea e que estes son aptos para o desenvolvemento da actividade agrícola; é dicir, que conteñen terras cultivables ou cultivos e pasteiros permanentes. Ademais, teñen que respectar unha serie de normas (non o facer pode comportar a redución das axudas PAC).
Por un lado, deben cumprir cos Requisitos legais de xestión (RLX) que inclúen normas sobre saúde ambiental, animal e vexetal ou sobre saúde pública e, por outro, teñen que "practicar" as Boas condicións agrarias e ambientais (BCAA) (que inclúen boas prácticas para o mantemento do solo de cultivos, a protección da erosión do terreo ou a protección dos hábitats).