Imposto sobre actividades económicas

(IAE) Imposto directo, real, obxectivo e periódico que grava as actividades empresariais e artísticas realizadas por persoas xurídicas non exceptuadas expresamente pola Lei. As actividades gravadas caracterízanse polo seu carácter de actividade autónoma e separada, non dependente doutra organización.