FED (Federal Reserve)

Abreviatura pola que se coñece a Federal Reserve ou Reserva Federal, o banco central dos Estados Unidos. É a institución responsable da supervisión do sistema bancario, e de definir e aplicar a política monetaria do país, que é unha permanente referencia para os mercados bolsistas e monetarios.