Características da promoción

  • En que consiste a promoción?
    A promoción consiste no aboamento de 400 € brutos na conta por domiciliares a túa nómina a partir de 800 €, con permanencia mínima de 12 meses. A bonificación constitúe un rendemento de capital mobiliario monetario suxeito á retención a conta do IRPF, e o neto vixente que se percibirá será de 324 €. O importe da retención poderá verse modificado en caso de cambio de normativa.
    A quen se dirixe a promoción?
    A promoción diríxese a persoas físicas e titulares dunha conta no BBVA que cumpran os requisitos, que non tivesen a nómina domiciliada no BBVA durante os últimos 6 meses e non se beneficiasen con anterioridade dalgunha promoción por domiciliar os seus ingresos.
    Que condicións debes cumprir para te beneficiares da promoción?

    Debes asinar o boletín de adhesión antes do 30/04/2026 e domiciliar a túa nómina igual ou superior a 800 €.

    Se desde a adhesión á promoción pasan máis de 5 meses sen que cumprises os requisitos, a promoción quedará cancelada e non terás dereito a recibir a bonificación.

    Considérase domiciliar nómina o ingreso da túa nómina mediante transferencia na conta coa que te inscribises durante o período de polo menos 1 ano. Se durante 2 meses consecutivos non domicilias a túa nómina por un importe igual ou superior a 800 €, realizaráseche un cargo na conta de 300 € en concepto de penalización, e quedará automaticamente caducada e sen posibilidade de devolución dos 300 €, aínda que con posterioridade o beneficiario volva cumprir os requisitos da promoción.

    Será necesaria acreditación de pertenza ao colectivo.

    En que prazo recibirás o beneficio?
    O banco realizará o aboamento na conta pasados 6 meses desde o cumprimento dos requisitos.