Características da promoción

  • Que condicións debes cumprir para te beneficiares da promoción?

    O aboamento de 250 € ten a consideración de rendemento de capital mobiliario suxeito a retención do IRPF, polo tanto, de acordo co tipo de retención vixente o neto que se vai percibir é de 202,50 €. O importe da retención poderá verse modificado en caso de cambio de normativa.

    Para optar á promoción, a nómina ou pensión domiciliada no BBVA deberá ser igual ou superior a 800 €, cunha permanencia mínima de 12 meses. Lembra que non te puideches beneficiar dunha promoción por domiciliar os teus ingresos previamente.

    Deberás domiciliar a nómina nun prazo máximo de tres meses desde a adhesión. O BBVA realizará o aboamento da bonificación na conta pasados seis meses desde o cumprimento dos requisitos.

    Se durante 2 meses consecutivos non domicilias a túa nómina ou pensión por un importe igual ou superior a 800 €, realizaráseche un cargo na conta por un importe de 250 €, en concepto de penalización da promoción.

    Será necesaria acreditación de pertenza ao colectivo.

    Data de vixencia da promoción: 30/04/2026.