Que é unha franquía?

Unha vía para establecer o teu propio negocio
A franquía é un sistema de comercio asociado entre empresas financeiras e xuridicamente independentes, pero ligadas por un contrato mediante o cal, unha delas (a franqueadora) concede á outra ou outras (franqueados), a cambio dunhas contraprestacións económicas, o dereito a explotar unha marca e/ou unha fórmula comercial materializada nuns signos distintivos, asegurándolle ao mesmo tempo a axuda técnica e os servizos regulares necesarios destinados a facilitar a devandita explotación. É importante ter claro que é unha franquía e como funciona, e ímoscho contar nas próximas liñas.
Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.
Á hora de emprender son moitas as opcións que debemos ter en conta, unha das máis importantes é se iniciar a actividade por conta propia, iniciando o negocio desde cero, con toda a incerteza que pode xerar, ou baixo a marca dunha franquía, cun modelo de negocio de éxito probado, funcionando en diferentes escenarios e cun 'know how' consolidado e replicable a todas as súas unidades franqueadas. Por suposto, ambas as dúas opcións teñen vantaxes e desvantaxes.
As franquías son cada vez máis importantes na estrutura do comercio e servizos das nosas cidades, non só pola facturación que achegan, senón tamén polo forte impulso á creación de pequenas empresas (franqueados) e a forte xeración de emprego.
CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.