Ferramentas de axuda ao comercio exterior

Coñece as claves para poder medrar en comercio exterior

Descubre socios, mercados e indicadores globais en máis de 177 países. Ademais, acompañarémoste no teu proceso de crecemento internacional, proporcionándoche acceso a múltiples servizos sen custo.

ICEX, líder en internacionalización empresarial

ICEX é o teu acompañante clave para dar os primeiros pasos no exterior, consolidar as túas exportacións, implantarte ou investir en mercados exteriores e formarte en comercio internacional. Con 1.500 profesionais ao servizo da túa empresa. Non o dubides, coñece a nosa oferta.
  • Mercados electrónicos – Programa EMarket Services

    Accede ao maior directorio de mercados electrónicos líder do mundo e mide as túas capacidades de venda por Internet cos nosos consultores; coñece como vender en máis de 70 mercados dixitais e sigue connosco as tendencias mundiais de comercio electrónico.
  • Presenza internacional global

    Estamos presentes en máis de 100 países recibindo atención por persoal experto en comercio internacional, con 30 centros de negocio preparados para que te instales en países estratéxicos.
  • Asesoramento personalizado

    Da nosa man, identifica posibles socios para o teu negocio; confeccionámosche axendas de reunións con eles; realizamos prospeccións e estudos de mercado á medida con análise da túa competencia e comparativa de prezos.
  • Formación en comercio internacional

    Impulsa con ICEX o capital humano da túa empresa. Os mellores mestrados, MOOC, cursos, xornadas e seminarios vinculados á economía internacional. Aproveita a nosa formación in-company e reforza o teu equipo comercial con persoal experto formado polo BBVA.
  • Axenda

    Xera negocio internacional participando nas máis de 1.000 actividades que organizamos ao longo do ano.
  • Información de mercados

    A maior fonte de información económica e empresarial en español. Mantente ao día da evolución do teu produto no mundo coas nosas bases de datos de comercio exterior e recibe alertas diarias de oportunidades de negocio á túa medida.

Revoluciona a túa loxística e transporte

Presentámosche dúas solucións para dixitalizar a túa cadea de subministración. Sincroniza con quen intervén a xestión e documentación da túa loxística. Reduce custos nos trámites, axiliza os pagamentos dos teus servizos de transporte e consigue unha operación máis eficiente e sostible.

Conecta con calquera empresa do mundo no teu propio idioma

Asitel resolve as túas necesidades de comunicación en máis de 35 idiomas, para que poidas falar con empresas e persoas de todo o mundo: interpretación telefónica inmediata en inglés, francés, alemán e italiano con só descolgar o teléfono, tradución de textos e catálogos, telemercadotecnia, etc.

  • Interpretación en videochamada

    Sen realizares desprazamentos internacionais, fai negocios cara a cara mediante calquera sistema de videochamada (Meet, Skype, Teams, Zoom etc.) grazas ao servizo de Asitel de interpretación en videoconferencia, que che facilita a comunicación en tempo real cos teus contactos estranxeiros durante esas reunións virtuais.
  • Interpretación telefónica

    Escolle o mercado e Asitel axudarache a que poidas comunicarte con empresas de todo o mundo. A interpretación telefónica que ofrece Asitel elimina barreiras idiomáticas, o que facilita a xestión do teu negocio e resolve necesidades comunicativas.
  • Tradución

    As traducións de texto son esenciais para afrontar o reto de introducirse noutros mercados. Se queres que o idioma non sexa un impedimento para a expansión internacional da túa empresa, Asitel asegura a máis alta calidade nas súas traducións (sitios web, catálogos e folletos, correos electrónicos e diferentes tipos de correspondencia escrita) ao prezo máis competitivo.

Negocio internacional e comercio exterior no BBVA

Se necesitas impulsar a túa empresa, ofrecémosche os produtos, ferramentas e servizos que precisas para facelo.