BBVA España
Coa app do BBVA podes facer todo desde o móbil.
Abrir
Ir ao contido principal
Accede á páxina de Inicio de empresas
  • Persoas
  • Empresas
  • Faite cliente
  • Acceso Acceso Acceso
  • Menú Pechar
Premer enter
Suxestións

    Produtos

    Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    Oficinas e caixeiros
    Newsroom BBVA
    • Español
    • Català
    • English
    • Galego
    • Euskara
    Persoas Empresas
    • Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Servizo de agregación

        Se es autónomo, xa podes engadir os teus outros bancos á app do BBVA.

      • BBVA My Business

        Controla o día a día dos teus negocios, comodamente e desde o móbil.

      • BBVA One View

        Todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio co servizo de agregación.

      app BBVA Net Cash

      A app do BBVA coa que poderás xestionar as contas da túa empresa en calquera momento e lugar.
      Máis información
      Oficinas e caixeiros Newsroom BBVA
      Acceso Acceso Acceso
      Faite cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA

      Límite de Crédito Click&Pay

      Financia os pagamentos habituais do teu negocio

      Unha forma fácil de levares os pagamentos ao día.
      • Financia impostos, nóminas, provedores ou seguros sociais. 
      • Só pagas polo diñeiro que vas dispondo.
      • Sen comisión de activación nin cancelación anticipada.
      Solicitar

      Selecciona se o teu Límite de crédito Click&Pay sería para:

      • Como funciona?

        • Activas un límite anual sen custo
          Ao contratares Click&Pay, escolles un límite de crédito entre un mínimo de 2.000 € e o máximo que teñas preautorizado. Este límite queda dispoñible durante un ano e non supón ningún custo, xa que só pagas polo diñeiro que vas dispondo.
        • Realizas disposicións de diñeiro

          Cando teñas que afrontar pagamentos profesionais, solicitas disposicións co importe que necesites. Non pode ser inferior a 600 € nin superior ao límite. Unha vez valorada e aprobada cada disposición, recibes o diñeiro na conta.

           

        Que se pode financiar?

        • Podes financiar 5 tipos de pagamentos profesionais. Cando realices cada disposición, terás un prazo máximo para devolver o importe segundo o tipo de pagamento, aínda que o podes devolver en menos tempo se che vén mellor.

           

          • Impostos: 

                              - Imposto de sociedades e IRPF: ata 6 meses de prazo.

                              - IVE ou IXIC: ata 4 meses de prazo.

           

          • Pedidos a provedores internacionais: ata 4 meses de prazo.
          • Pedidos de provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.
          • Seguros sociais: 1 mes de prazo.
          • Nóminas: 1 mes de prazo.

          As cotas cargaranse cada mes na conta que teñas asociada.

        Podes contratar Click&Pay desde a app ou o web, sen asinar ante notario

        E os custos?

        • Pagas a comisión por disposición

          Unha comisión de apertura sen tipo de xuro que se aplica ao importe de cada disposición e varía segundo o prazo de devolución. Canto máis curto é o prazo, menor é a comisión.

          Ver detalle de comisión por prazo

        • E esquéceste do resto

          Se contratas por Internet o límite Click&Pay durante un ano, non pagas comisión de activación, nin comisión de dispoñibilidade, nin penalización por cancelación anticipada.

          Pódelo ver máis claro neste exemplo.

        Solicitar Límite de Crédito Click&Pay de forma 100 % en liña

        Solicitar

        Necesitas máis información?

        Debes levar polo menos 6 meses sendo cliente do BBVA e ter unha conta onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as cotas cada mes.

        Non, con Click&Pay só podes financiar pedidos a provedores nacionais e internacionais, nóminas, seguros sociais e impostos (IVE, IRPF, imposto de sociedades e IXIC).

        Ao solicitar cada disposición de diñeiro, debes escoller o pagamento profesional que vas financiar. Non é preciso presentar xustificantes de pagamento para comprobar o destino das disposicións, pero na conta asociada deberán aparecer os pagamentos ou as transferencias correspondentes.

        As cotas mensuais comezan a cargarse na conta ao mes seguinte de realizar a disposición, no mesmo día.

        Por exemplo, imaxina que no día 15 de xuño realizas unha disposición de 2.400 € para un provedor nacional e escolles devolvela en 3 meses. Os días 15 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro cargaríaseche na conta unha cota de 800 €.

         

        A comisión cárgase na conta que teñas asociada o día que realizas a disposición, pero non se resta da disposición. Se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibes 800 €.

        O límite de crédito que escolles na contratación é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Custarache o mesmo e terás máis cobertura.

        Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición. Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se a túa proposta é viable.

        • Non ten comisión de estudo de límite, nin de mantemento, nin de novación nas contratacións vía app. Nas contratacións por oficina estas comisións son negociables.
        • Non ten comisión de renovación na contratación do límite pola app porque ese límite non é renovable.
        • Nas contratacións por oficina, que si son renovables, a comisión de renovación será negociable.
        • Comisión de apertura da disposición: é unha porcentaxe sobre o importe de cada solicitude de disposición aprobada, cun mínimo de 30 €. Cobrámoscha no momento en que a realices.
        • O tipo de xuro de financiamento de cada disposición é do 0 %. A TAE dependerá do destino da disposición e do prazo de devolución escollido.

        Máis produtos para a túa actividade profesional

        • Conta de Crédito Online

          • Ata 25.000 € ao ano para o día a día do teu negocio.
          • Financia o que necesites, sen presentar xustificantes.
          • Contratación inmediata e 100 % en liña.
          Máis información Solicitar
        • Préstamo Online Negocios

          • Ata 50.000 € para autónomos ou 25.000 € para pemes. 
          • Dispoñible na túa conta en 24 horas. 
          • Tipo de xuro fixo e personalizado.
          Máis información Solicitar
        • Seguro Baixa Laboral (ILT Autónomos BBVA Allianz)

          • Mantén os teus ingresos cando non poidas traballar.
          • Coñece de antemán a indemnización que cobrarías.
          • Prestación adicional por hospitalización.
          Máis información Solicitar
        Ver máis financiamento

        As túas contas, dunha ollada

        Consulta o estado das túas contas, das túas tarxetas ou dos teus últimos movementos co Servizo de Agregación da app do BBVA.

        Por que co BBVA?

        • O noso obxectivo é facer a vida máis fácil a quen traballa a diario para que os seus negocios crezan.
        • Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
        Información

        A información que o BBVA che facilita sobre produtos de financiamento non é unha oferta en firme. Os importes reflectidos na ficha e no cálculo personalizado están baseados en estimacións que facemos segundo os datos de que dispomos sobre ti, e sempre necesitarán a aprobación previa do BBVA. Esta ficha tampouco supón unha recomendación para contratar os produtos ou os importes indicados, nin xera compromiso do BBVA para a súa concesión. Ademais, a súa información non substitúe nin modifica a documentación precontractual e/ou contractual que che enviaremos se a túa solicitude de financiamento é aprobada, que deberás ler e consentir antes de formalizar o contrato.

      • Como funciona?

        • Activas un límite anual sen custo
          Ao contratares Click&Pay, escolles un límite de crédito anual entre un mínimo de 2.000 € e o máximo que teñas preautorizado. Este límite queda dispoñible durante un ano e non supón ningún custo, xa que só pagas polo diñeiro que vas dispondo.
        • Realizas disposicións de diñeiro
          Cando a túa empresa teña que afrontar pagamentos, solicitas disposicións co importe que precises. Non pode ser inferior a 600 € nin superior ao límite. Unha vez valorada e aprobada cada disposición, recibes o diñeiro na conta.

        Que se pode financiar?

        • Podes financiar 5 tipos de pagamentos empresariais. Cando realices cada disposición terás un prazo máximo para devolver o importe segundo o tipo de pagamento, aínda que o podes devolver en menos tempo se che vén mellor.

           

           
          • Impostos:

                          - Imposto de sociedades e IRPF: ata 6 meses de prazo.

                          - IVE ou IXIC: ata 4 meses de prazo.

          • Importacións: ata 4 meses de prazo.
          • Pedidos de provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.
          • Seguros sociais: 1 mes de prazo.
          • Nóminas: 1 mes de prazo.

          As cotas cargaranse cada mes na conta de empresa que teñas asociada.

        Podes contratar Click&Pay desde Net Cash ou desde a app, sen asinar ante notario

        E os custos?

        • Pagas a comisión por disposición

          Unha comisión de apertura sen tipo de xuro que se aplica ao importe de cada disposición e varía segundo o prazo de devolución. Canto máis curto é o prazo, menor é a comisión.

          Ver detalle de comisión por prazo

        • E esquéceste do resto

          Se contratas o límite Click&Pay non pagas comisión de activación, nin comisión de dispoñibilidade, nin penalización por cancelación anticipada durante o ano que dura o contrato

          Pódelo ver máis claro neste exemplo.

        Solicitar Límite de Crédito Click&Pay de forma 100 % en liña

        Solicitar

        Necesitas máis información?

        A empresa debe levar polo menos 6 meses sendo cliente do BBVA e ter unha conta onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as cotas cada mes.

        Ademais, debe ter como mínimo 3 anos de antigüidade e non facturar máis de 5 millóns de euros ao ano.

         

        Non, con Click&Pay só podes financiar pedidos a provedores nacionais e internacionais, nóminas, seguros sociais e impostos (IVE, IRPF, imposto de sociedades e IXIC).

         

        Ao solicitar cada disposición de diñeiro, debes escoller o pagamento profesional que vas financiar. Non é preciso presentar xustificantes de pagamento para comprobar o destino das disposicións, pero na conta asociada deben aparecer os pagamentos ou as transferencias correspondentes.

         

        As cotas mensuais comezan a cargarse na conta ao mes seguinte de realizar a disposición, no mesmo día.

         

        Por exemplo, imaxina que no día 15 de xuño realizas unha disposición de 2.400 € para un provedor nacional e escolles devolvela en 3 meses. Os días 15 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro cargaríaseche na conta unha cota de 800 €.

         

        A comisión cárgase na conta que teñas asociada o día que realizas a disposición, pero non se resta da disposición. Se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibes 800 €.

         

        O límite de crédito que escolles na contratación é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Custarache o mesmo e terás máis cobertura.

         

        Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición. Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se a túa proposta é viable.

        Máis produtos para o teu negocio

        • Conta de Crédito Online

          • Ata 25.000 € ao ano para o día a día do teu negocio.
          • Financia o que necesites, sen presentar xustificantes.
          • Contratación inmediata e 100 % en liña.
          Máis información Solicitar
        • Préstamo Online Negocios

          • Ata 50.000 € para autónomos ou 25.000 € para pemes. 
          • Dispoñible na túa conta en 24 horas. 
          • Tipo de xuro fixo e personalizado.
          Máis información Solicitar
        • Ciberseguro BBVA Pemes e Autónomos

          • Protexe o teu negocio ante ataques informáticos.
          • Asesoramento profesional e xurídico.
          • Indemnización en caso de perda ou roubo de datos.
          Máis información Solicitar
        Ver máis financiamento

        Todos os bancos na app BBVA Net Cash

        Engade e opera rapidamente con todas as túas contas, mesmo coas que tes noutros bancos. Poderás tomar mellores decisións e aforrar tempo para a túa empresa.

        Por que co BBVA?

        • O noso obxectivo é facer a vida máis fácil a quen traballa a diario para que os seus negocios crezan.
        • Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
        Información

        A información que o BBVA che facilita sobre produtos de financiamento non é unha oferta en firme. Os importes reflectidos na ficha e no cálculo personalizado están baseados en estimacións que facemos segundo os datos de que dispomos sobre ti, e sempre necesitarán a aprobación previa do BBVA. Esta ficha tampouco supón unha recomendación para contratar os produtos ou os importes indicados, nin xera compromiso do BBVA para a súa concesión. Ademais, a súa información non substitúe nin modifica a documentación precontractual e/ou contractual que che enviaremos se a túa solicitude de financiamento é aprobada, que deberás ler e consentir antes de formalizar o contrato.

      • Cómodo, rápido e ao momento

        • Contratas un límite anual sen custo

          Ao contratares Click&Pay, o banco ofrecerache un límite de crédito anual e rotativo para ir dispondo del cando o necesites. Sobre este límite non se aplicará ningún custo, xa que só pagarás polo diñeiro que vaias utilizando.

           

          Realizas disposicións en liña
          Cando necesites financiar un pagamento de empresa, solicitas unha disposición a través de Net Cash e recibes o importe na conta. Tamén podes financiar o pagamento no mesmo momento de facer a operación.

        Que se pode financiar?

         

         

        • Podes financiar 5 tipos de pagamentos empresariais. Cando realices cada disposición terás un prazo máximo para devolver o diñeiro segundo o tipo de pagamento, aínda que o podes devolver en menos tempo se che vén mellor.

          • Impostos, taxas e tributos: ata 6 meses de prazo.
          • Importacións: ata 4 meses de prazo.
          • Provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.
          • Seguros sociais: 1 mes de prazo.
          • Nóminas: 1 mes de prazo.

          O importe que se devolva cargarase ao finalizar o prazo na conta de empresa que teñas asociada.

        Con Click&Pay podes financiar ao momento o pagamento que esteas a realizar

        E os custos?

        • Pagas a comisión por disposición

          Unha comisión de apertura sen tipo de xuro que varía en función de cada cliente e que se aplica ao importe de cada disposición.

           

          E esquéceste do resto

          Durante o ano que dura o contrato, Click&Pay non ten comisión de activación, nin comisión de dispoñibilidade, nin penalización por cancelación anticipada.

          Pódelo ver máis claro neste exemplo.

        Solicitar Límite de Crédito Click & Pay

        Podes contratar a través do teu xestor ou solicitar información na oficina máis próxima.

        Solicitar información

        Necesitas máis información?

        A empresa debe facturar máis de 5 millóns de euros ao ano e ter unha conta no BBVA, onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as devolucións.

        A contratación de Click&Pay debe ser realizada na oficina, a través dun xestor. Cando o BBVA aproba a solicitude do límite, asínase o contrato ante notario. Unha vez contratado, é preciso darse de alta na Banca Online Empresas —Net Cash— para poder solicitar disposicións en liña.

         

        Si, pódelo renovar cada ano ata un máximo de 10 anos. Cada ano terán que volverse negociar as condicións.

        Non, a comisión cárgase na conta que teñas asociada; pero non se resta da disposición. Se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibirás 800 €.

        O límite de crédito que contratas é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Custarache o mesmo e terás máis cobertura.

        Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición. Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se a túa proposta é viable.

        Máis produtos para a túa empresa

        • Préstamo Empresarial BBVA

          • Sen límite máximo, o que a túa empresa necesite.
          • Ata 10 anos de prazo para devolvelo.
          • Tipo de xuro fixo, variable ou mixto.
          Máis información Solicitar
        • Conta de Crédito

          O financiamento para cubrir as necesidades de tesouraría, compra de existencias, desfasamentos entre cobramentos e pagamentos, etc. Só contratable en oficinas.
          Máis información Solicitar
        • Financiamento de importacións

          • Un límite de crédito para compras no estranxeiro.
          • Tes unha cantidade dispoñible para todo o ano.
          • Podes financiar directamente desde a túa banca en liña.
          Ler máis Solicitar información
        Ver máis financiamento

        Controla as vendas do teu negocio ao momento

        Con My Business podes xestionar o día a día do teu negocio desde o móbil. Rexistra facilmente as túas vendas, remesas e TPV para consultalos cando o precises.

        Ser cliente do BBVA

        • No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
        • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
        • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
        Información

        A información que o BBVA che facilita sobre produtos de financiamento non é unha oferta en firme. Os importes reflectidos na ficha e no cálculo personalizado están baseados en estimacións que facemos segundo os datos de que dispomos sobre ti, e sempre necesitarán a aprobación previa do BBVA. Esta ficha tampouco supón unha recomendación para contratar os produtos ou os importes indicados, nin xera compromiso do BBVA para a súa concesión. Ademais, a súa información non substitúe nin modifica a documentación precontractual e/ou contractual que che enviaremos se a túa solicitude de financiamento é aprobada, que deberás ler e consentir antes de formalizar o contrato.

      Límite de crédito Click&Pay
      Solicitar
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Financiamento
      2. Crédito Click&Pay: pagamento impostos, nóminas e provedores

      Pé de páxina

      • Outras seccións

        • Finanzas de un vistazo
        • Dicionario económico
          Expertos en empresas
          Negocio responsable
        • Seguridade
        • Divisas e moedas
        • Outras webs do BBVA
      • Servizos dixitais

        • Banca en liña empresas (Net Cash)
        • Apps
        • BBVA One View
          Agregador financeiro para autónomos
          BBVA My business
      • Pódeche interesar

        • Contas
        • Xestión de tesouraría
          Financiamento
          TPV
          Cobramentos
          Avais
          Comercio internacional
      • Precisas de axuda?

        Empresas facturación inferior a 5 millóns: 91 298 35 96

        Empresas facturación superior a 5 millóns: 91 296 70 70

        BBVA Net Cash: +34 91 224 98 02

        Oficinas e caixeiros
      Logo BBVA
      Aviso legal
      Cookies
      Datos persoais
      Informes legais
      Servizos de pagamento
      Tarifas
      Taboleiro de anuncios
      Negocio responsable
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S.A.-2021

      Creando oportunidades