Experiencias
Contas Bienvenida para autónomos e empresas
Se contratas unha Carteira Asesora, cunha achega inicial mínima de 500.000 €, o equipo da Banca Privada do BBVA proporache unha carteira axustada ao teu perfil de risco e ás túas preferencias de sostibilidade, acompañándote en todo momento.
Á hora de tomar decisións sobre o investimento, o teu banqueiro privado farache recomendacións personalizadas e só se executarán as que aceptes previamente.
Contamos coa profesionalidade do Comité de Investimentos da Banca Privada, a experiencia en análise de BBVA Research e a oferta de Quality Funds na selección de fondos internacionais.
Ofrecémosche solucións adaptadas ás túas preferencias xeográficas, de sostibilidade e á túa situación actual.
Desde a túa app ou o web do BBVA, poderás facer seguimento e coñecer todos os detalles cando queiras.
Monitorizamos de forma continua os mercados e riscos da túa carteira, axustando os niveis de investimento en función do teu perfil investidor.
As nosas Carteiras Asesoradas invisten nunha coidada selección de fondos de investimento tanto de BBVA Asset Management como de xestoras internacionais líderes.
Esta selección de fondos internacionais é realizada por BBVA Quality Funds, a unidade especializada en analizar e escoller fondos, baixo estritos criterios de calidade, consistencia e control do risco.
Un equipo experto en investimento xestiona a carteira por ti.
Un piar fundamental é a sostibilidade. Na Banca Privada do BBVA integramos no noso proceso investidor os riscos e oportunidades ambientais, sociais e de bo goberno e temos en conta as preferencias dos nosos clientes en sostibilidade á hora de construírmos a súa carteira.
Podes consultar toda a documentación relacionada coa sostibilidade nos seguintes documentos:
Utilidades