Converte os teus cheques en efectivo dunha forma sinxela. Desde a opción "Ingreso de cheques", poderás enviar os teus documentos truncables* de cobramento e comprobar o seu aboamento no día. Ademais, poderás revisar o histórico dos documentos enviados ou dispor de información sobre devolucións.
* No caso de documentos non truncables, deberalos enviar ao BBVA para a súa compensación. Imprime desde a banca en liña para empresas a listaxe de acompañamento da remesa.