Paygold para TPV Android

A solución para comercios que queiran cobrar a distancia de forma rápida, simple e segura desde a opción Paygold do TPV Android do BBVA.

Xa podes contratar Paygold para poder enviar ligazóns de cobramento aos teus clientes desde o TPV Android

  • Só necesitarás indicar o teléfono móbil ou o enderezo electrónico do teu cliente en Paygold, xunto co importe e o concepto, e premer en "Enviar".
  • O teu cliente recibirá unha SMS ou un correo electrónico cunha ligazón de pagamento para poder pagar. Ao acceder á esa ligazón, abriráselle unha pantalla segura para pagar coa súa tarxeta.

Vantaxes que che ofrece Paygold

  • Cobra a distancia: Poderás cobrar a distancia aos teus clientes con só enviarlles unha ligazón. Unha forma máis rápida, fácil e segura, coa que non necesitas ter páxina web.
  • Maior alcance: Accede a miles de novos clientes ofrecendo unha nova canle de pagamento con tarxeta. Poderás estar onde están os teus clientes.
  • Sen complicacións: Envía de forma sinxela a ligazón de cobramento desde o mesmo TPV Android e verás aboadas en remesa todas as túas vendas ao día seguinte, de forma similar aos teus cobramentos presenciais.
  • Pagamento máis fácil para os teus clientes: Facilita o pagamento aos teus clientes con tarxeta sen necesidade de teren que ir ao teu local.
  • Un servizo máis do TPV Android: A alta de Paygold só require contratar este servizo no contrato do TPV Android.

Como funciona a ligazón de cobramento Paygold?

  1. Os teus clientes realizan o pedido mediante un correo electrónico ou mensaxe en redes sociais, por teléfono ou mesmo presencialmente.
  2. Infórmante do número de teléfono ou enderezo electrónico onde queren recibir a ligazón de pagamento Paygold.
  3. Desde Paygold do TPV Android informas do concepto do pedido, do importe total e do número de teléfono móbil ou o enderezo electrónico indicado polo teu cliente.
  4. Os teus clientes reciben unha SMS ou correo electrónico cunha ligazón á que teñen que acceder e que os redirixirá a unha páxina segura onde deberán introducir os datos da súa tarxeta.
  5. Unha vez finalizado o pagamento, recibes o aboamento da compra na remesa do día seguinte hábil, como nunha venda presencial.

Xa podes cobrar a distancia aos teus clientes sen teres unha páxina web nin faceres desenvolvementos informáticos co TPV Android. Non obstante, se o desexas, tamén podes enviar ligazóns de cobramento Paygold desde un TPV virtual do BBVA.

Vai á túa oficina para solicitar que che activen Paygold no TPV Android do BBVA