Que son as actas de titularidade real?

Explicámosche en que consiste este trámite empresarial imprescindible
Coa entrada en vigor da Lei de prevención do branqueo de capitais, á hora de formalizar calquera documento notarial é necesario acreditar a identificación dos titulares reais que interveñen na escritura.
Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.
As actas de titularidade real son expedidas polos propios notarios como colaboradores na prevención de branqueo e son necesarias para identificar os titulares de máis dun 25% das accións ou participacións da sociedade.

Este trámite será necesario en calquera negocio mercantil, operacións societarias ou apoderamentos derivados destes, así como en calquera acordo de índole económica. En todos estes casos abondará coa presentación da acta, polo que unha vez formalizada na primeira operación poderá ser utilizada en ocasións posteriores.

A acta é un documento no que se indica quen son os titulares das accións ou participacións.

Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.
O notario fará constar nese documento que cumpriu a obriga de identificar o titular real. Nas sociedades mercantís o titular real será aquel cuxa participación na sociedade sexa superior ao 25%. Porén, cando a sociedade é unipersoal non é obrigatorio dispor deste documento. Polo tanto, en virtude do art. 9 do RD 304/204, do 5 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais, non procede a identificación do titular real.
CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.