Que cobre este seguro?

  • Resposta a incidentes
    • Atención telefónica 365 días ao ano e detención do ataque e identificación das causas.
    • Asesoramento xurídico e de comunicación externa.
    • Gastos para notificación e atención telefónica externa para consultas de afectados.
    • Monitorización da información comprometida.
    • Informe forense de medidas que deben ser tomadas nos sistemas para restauralos.
    Perdas do asegurado
    • Gastos para recuperar os datos en sistemas informáticos.
    • Gastos derivados de extorsión cibernética e secuestro de datos.
    • Perda de beneficios pola interrupción parcial ou total do sistema informático por causa do incidente, 50 % ata un máximo de 250.000 €.
    • Perda de beneficios en caso de sufrir unha interrupción no negocio como consecuencia dun ataque contra un provedor do asegurado. Ata 50.000 €, por un período máximo de 60 días.
    Responsabilidade civil por fallo de seguridade
    • Indemnización económica en caso de perda ou roubo de datos.
    • Importe económico das sancións por incumprir a normativa de protección de datos.
    • Importe económico das sancións pola normativa dos organismos emisores de tarxetas electrónicas (PCI) ata 50.000 €.
    Responsabilidade civil por contido dixital
    • Ataques ao teu sitio web ou redes sociais por incumprimento do dereito de propiedade intelectual ou difamación dun produto.
    Formación Hiscox CyberClear Academy
    • Subscrición gratuíta para que un máximo de 10 persoas reciban formación en ciberseguridade.