Liña ICO Garantía SGR-SAECA

Axudamos a conseguir unha Liña ICO específica para este tipo de financiamentos con garantía.

No BBVA ofrecemos todas as vantaxes que se precisan para facer o traballo máis fácil.
  • Ata o 100 % do investimento que se vaia financiar, máis o IVE ou imposto de análoga natureza.
  • Ata o 100 % das necesidades de liquidez.

Características

    • Beneficiarios: Autónomos, entidades públicas e privadas (empresas, fundacións, ONG e administracións públicas), que conten co aval dunha Sociedade de Garantía Recíproca ou da Saeca (Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria). Para investimentos fóra do territorio nacional, inclúense tanto as empresas domiciliadas en España como aquelas que estando domiciliadas no estranxeiro conten polo menos cun 30% de capital español. 
    • Vixencia: Liñas Convenio ICO 2020 contratables proximamente.
    • Investimentos financiables.      
      Investimentos dentro ou fóra do territorio nacional, ata o 100 % do proxecto de investimento, IVE incluído, ou necesidades de liquidez.

Condicións económicas

    • Importe máximo: 
      • Ata o 100 % do investimento que se vaia financiar, máis o IVE ou imposto de análoga natureza, ou ata o 100 % das necesidades de liquidez, cun importe máximo de 2 millóns de euros, nunha ou en varias operacións, formalizadas tanto na modalidade de préstamo como de leasing.
    • Prazo das operacións
      O cliente poderá elixir entre:
      • 1 ano, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 2 anos, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 3 anos, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 4 anos, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 5 anos, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 6 anos, sen carencia ou con 1 ano de carencia.
      • 7 anos, sen carencia ou con 1-2 anos de carencia.
      • 8 anos, sen carencia ou con 1-2 anos de carencia.
      • 9 anos, sen carencia ou con 1-2 anos de carencia.
      • 10 anos, sen carencia ou con 1-2-3 anos de carencia.
      • 12 anos, sen carencia ou con 1-2-3 anos de carencia.
      • 15 anos, sen carencia ou con 1-2-3 anos de carencia.
    • Tipo de xuro: Fixo ou variable, variando o diferencial en función do prazo da operación. 
    • Cancelación anticipada voluntaria
      Poderá efectuarse cancelación anticipada total ou parcial (reducindo cota). Con carácter xeral a comisión por cancelación anticipada voluntaria será do 1 % para operacións formalizadas a tipo FIXO. Para operacións a tipo VARIABLE variará en función da vida residual da operación. Estas comisións varían se a operación se encontra dentro da Lei 41/2007, de regulación do mercado hipotecario, en función de cando se leve a cabo a devandita cancelación. 
    • Comisións para o cliente
      A SGR/SAECA poderá cobrar unha comisión de estudo que non poderá ser superior ao 0,50% do importe avalado. A SGR poderá cobrar aos clientes unha cota de ata un 4% do importe avalado en concepto de cota social mutualista, pagadoira dunha soa vez ao inicio da operación. Este importe é reembolsado ao cliente unha vez que termine a súa relación coa SGR.

    Financiamento BBVA a través das liñas ICO-2020. A concesión das operacións está suxeita ao cumprimento dos requisitos establecidos en cada unha das liñas ICO e á autorización previa do financiamento por parte do BBVA

Tamén che podería interesar

  • Financiamento á medida para os teus proxectos de investimento coa garantía do Banco Europeo de Investimentos.
  • O teu préstamo desde 3.000 € ata o que necesites, nun prazo máximo de 10 anos con tipo de xuro fixo, mixto ou variable.
Ver máis liñas ICO

Ser cliente do BBVA

  • No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
  • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
  • No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
  • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.

Engade os teus bancos á app do BBVA

Descubre BBVA One View

Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio.

Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.
Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.

Os teus outros bancos

Engade os teus outros bancos á app do BBVA.

Consulta o estado das túas contas, as túas tarxetas, últimos movementos, plans de pensións, etc., co servizo de agregación da app do BBVA.
Consulta o estado das túas contas, as túas tarxetas, últimos movementos, plans de pensións, etc., co servizo de agregación da app do BBVA.