Xestores

Son os profesionais encargados de xestionar o diñeiro, é dicir, toman as decisións de comprar este ou aquel produto financeiro por mandato do seu cliente. A relación cos xestores formalízase mediante un contrato. Un caso distinto é o do aforro colectivo, no que os xestores de fondos, por unha comisión coñecida e igual para todos, moven os capitais nos mercados en busca da maior ganancia posible para os seus clientes.