Futuros

Acordo que obriga ás partes a comprar un certo número de valores, a unha data prevista e cun prezo preestablecido. Nos mercados de futuros o activo que se negocia é o activo subxacente. O futuro é un contrato polo que me comprometo dentro dun prazo previsto a comprar ou vender un activo financeiro ou unha materia prima a un prezo xa prefixado. O prezo do futuro oscilará dentro dese prazo segundo como o faga o activo financeiro ou a materia prima que se toma como referencia. Por esta dependencia do prezo doutros activos denomínase xenericamente como produto derivado.