
Conta Nómina Va Contigo
A conta para a túa nómina ou ingresos.
Beneficios
Terás o teu xestor e o seu equipo para te axudaren no que necesites por traeres a nómina a partir de 800 €.
Retirada de efectivo a débito
Cobra cando queiras
Transferencias en liña
Dous titulares
Tarxeta Aqua. Maior seguridade, maior control
Unha nova tarxeta sen números coa que controlar todos os teus gastos
- Máis segura. Nin o número da tarxeta nin o código CVV están xa impresos sobre ela. Só ti accedes a eles a través da túa app.
- CVV dinámico. O código de seguridade CVV cambia automaticamente, de maneira que non é o mesmo sempre. Así estarás máis protexido nas compras por Internet.
- Máis control. Apaga e acende temporalmente as túas tarxetas cando queiras. Así, manteralas seguras se non as encontras ou non as utilizas.
Cámbiate ao BBVA da forma máis cómoda
Co Servizo Cambio de Banco faremos as xestións por ti:
- Sen ter que ir a unha oficina.
- Sen papelorios.
- Sen falares co teu outro banco.
Unha forma sinxela e gratuíta de traer os teus ingresos e os teus recibos ou toda a túa conta doutro banco. Ti escolles que queres traer e o BBVA encargarase das xestións.

Goza destas vantaxes
-
A Conta Nómina Va Contigo é a conta que te axuda no teu día a día e nas decisións importantes. Por iso inclúe tres funcionalidades pensadas para ti:Cobra cando queiras
Este servizo permíteche recibir a túa nómina antes de que cha ingresen na conta. Funciona como un préstamo: nós adiantámosche a túa nómina (de ata 5.000 €) e ti tes ata 6 meses para devolvela.
xestor BBVARealiza as túas xestións e resolve as túas dúbidas da Conta Nómina Va Contigo con ferramentas sinxelas pensadas para que a comunicación sexa máis fácil e rápida, desde bbva.es ou a app do BBVA.
Servizo DescubertoEste servizo ofréceche a tranquilidade que precisas ante situacións imprevistas cando non tes saldo suficiente na conta nómina.
Mi Segunda CuentaSe es titular dunha Conta Nómina Va Contigo podes contratar Mi Segunda Cuenta sen comisións. Utilízaa para compartir gastos, para as túas compras ou o para que necesites.
Comisións
-
Se domicilias a túa nómina ou pensión na túa conta, ou tes uns ingresos mínimos ao trimestre a partir dos importes que che indicamos en "Ver condicións", gozarás da túa Conta Nómina Va Contigo sen teres que pagar as seguintes comisións:
- Sen comisións de administración nin de mantemento da conta.
- Sen comisión de emisión e mantemento da túa Tarxeta Aqua Débito.
- Sen comisión por retirada de efectivo a débito en caixeiros automáticos BBVA.
- 0 € nas túas transferencias en liña, dentro do Espazo Económico Europeo.
Calculadora de soldo
Queres saber canto vas cobrar cada mes?

Queres unha tarxeta?
-
Tarxeta Aqua Débito
Gratis para todos os titulares
As túas compras e retiradas de efectivo serán cargadas na túa conta ao momento.
Se queres máis información sobre a tarxeta, podes consultala aquí.
Como abrir unha conta bancaria no BBVA?
Elixe o número de titulares
Se non es cliente do BBVA, xa te podes facer cliente e incluír un segundo titular na túa conta.Establece os teus datos de contacto e acceso
Para poderes utilizar a do BBVA e acceder a todas as funcionalidades, necesitamos que introduzas os datos de contacto e acceso (enderezo electrónico, teléfono, DNI e contrasinal).Elixe como queres identificarte
Xa podes utilizar o noso sistema de identificación por videochamada cun dos nosos xestores. É gratis e en menos de 5 minutos terás a túa conta bancaria operativa.
Se o prefires tamén te podes identificar cun número de conta doutro banco onde sexas titular.
Completa os teus datos persoais e económicos
Completa e confirma os teus datos persoais (nome, apelidos…) que coincidan cos da túa documentación (DNI/NIE) así como os do teu domicilio fiscal (onde estás censado) e datos económicos.Asina os contratos
Podes evitar papelorio e desprazamentos asinando os contratos da túa nova bancaria cun código que che enviaremos por SMS (é gratuíto para ti). Recibiralo no móbil que indicaches no paso 2. Así de fácil.Necesitas máis información?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche coas xestións do teu día a día.
- Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
