Memoria

Informe que, xunto ao balance e á conta de perdas e ganancias, compón as contas anuais dunha compañía. A súa elaboración é competencia dos administradores da sociedade, nun prazo máximo de tres meses desde o peche do exercicio. A memoria comenta e amplía a información recollida no balance e na conta de perdas e ganancias. Entre outros contidos, informa sobre a distribución de resultados, as normas de valoración dos activos, etc.