Ata 30.000 € ao euríbor + 0% durante o primeiro ano, cun destes produtos:
-
Financiamento para o teu día a día
-
Financiamento para as túas actividades de comercio exterior
Conta de crédito
O financiamento para cubrir as necesidades de tesouraría, compra de existencias, desfasamentos entre cobramentos e pagamentos, etc. Solicita un importe anual, que poderás usar segundo precises, sen presentar xustificante de gastos e sen comisións por tarxetas, transferencias ordinarias e cheques.
Desconto comercial
Anticipa o cobramento de letras de cambio, notas promisorias, facturas, etc. Obtén liquidez para acceder ao importe de vendas realizadas e financiamento de circulante de forma rápida e cómoda con tramitación e concesión en moi pouco tempo.
Préstamo empresarial BBVA (ata un prazo máximo de 12 meses)
Consigue financiamento á medida para a adquisición de activos e circulante da túa empresa, como por exemplo financiamento específico das túas campañas de produción.
Financiamento de importacións
Un límite de crédito para compras no estranxeiro que che permite realizalas sen perder liquidez, financiando o total ou unha parte do pagamento e escollendo o día exacto do vencemento. Todo, directamente desde a túa banca en liña e cunha cantidade dispoñible para todo o ano.
Anticipo de exportacións
O teu límite de crédito específico para exportacións co que poderás adiantar o total ou unha parte do cobramento de forma instantánea na túa conta para non perderes liquidez. Dispón dunha cantidade todo o ano e xestiónao directamente desde a túa banca en liña.
Máis de 300.000 empresas xa se benefician das vantaxes de seren clientes do BBVA
Faite cliente e descubre ti tamén as vantaxes de contar cun banco como o BBVA.
Cun equipo humano cerca de ti que te entende e te acompaña
O noso equipo de xestoras e xestores estará sempre dispoñible para axudarche a solucionar as dúbidas que teñas sobre o proceso, a documentación que necesites presentar ou a contratación de produtos.
Coa oportunidade de que a túa empresa forme parte dun futuro máis verde e sostible
Descubre como facer do teu negocio un lugar máis eficiente e responsable co medio ambiente coas liñas de acción sostibles para pemes.
Controla o teu negocio esteas onde estiveres
Coa banca en liña e a app para empresas do BBVA, pómoscho fácil:
- Fai os teus pagamentos e cobramentos de forma rápida, segura e áxil.
- Consulta as túas posicións (tarxetas, conta, etc.).
- Opera cando queiras. Desde calquera parte do mundo.