App Smart Business Lite

A app para comercios do sector de restauración, que permite xestionar pedidos e realizar o cobramento desde un único dispositivo: o TPV Android do BBVA.

Ideal para cafeterías, bares, restaurantes pequenos, food trucks, postos en festivais etc.

Ofrece todas estas vantaxes:

  • Crea pedidos asociados ás mesas: Elixe a mesa e empeza a engadir produtos desde o teu catálogo. Así de fácil.
  • Ten todos os pedidos sempre á man: Coa vista rápida tes toda a información ao alcance da túa man, desde o número de comensais ata o momento en que se abriu a conta, e moito máis.
  • Visualiza o estado do teu restaurante, dunha ollada: O mapa de mesas e o estado de comandas abertas axudan rapidamente a ver o estado do teu restaurante en calquera momento.
  • Procesa cobramentos e imprime recibos sen cambiar de pantalla: Procesa os cobramentos con tarxeta, e-wallet ou código QR de Alipay e WeChat e imprime os recibos sen saíres da app. A venda rexístrase a un tempo tanto no datáfono como na app.
  • Rexistra tamén o efectivo: Ademais de cobrar con tarxeta, e-wallet ou QR, podes anotar os teus cobramentos en efectivo ou noutros métodos (cheque restaurante, tarxeta agasallo etc.) desde a mesma app.

Outras opcións útiles

  • Opcións intelixentes. Utiliza modificadores e notas para preparar os pedidos do xeito que os teus clientes prefiran.
  • Propinas. Engade e rexistra as propinas á hora de cobrar.
  • División da conta. Divide a conta facilmente en partes iguais ou por produtos.
  • Multisalas. Crea zonas diferentes segundo a distribución do teu local ou a organización do teu restaurante.
  • Pedidos take-away. Asigna mesas “virtuais” exclusivas para a xestión dos pedidos para levar/recoller.

Unha imaxe vale máis ca mil palabras. . .

Accede á sección “Academy” do BBVA Smart Business LITE para restauración para ver todas estas funcionalidades en acción.

Acude á túa oficina do BBVA para solicitar a contratación dun TPV Android (se aínda non o tes) e solicitar a app Smart Business Lite. 

Busca a app no teu TPV Android do BBVA e consulta a versión DEMO gratuíta. 

Se desexas contratar a versión completa de pagamento de Revo, o provedor da app Smart Business Lite para o BBVA, selecciona directamente desde a app o botón habilitado para iso. 

Ou se o desexas, accede á páxina de Revo e sigue os pasos que se indican.

**Servizo prestado pola empresa Revo a través da súa propia app ou software dispoñible no TPV para a súa descarga, sendo Revo a única responsable do funcionamento, mantemento do servizo e cantas obrigas legais e contractuais se deriven, especialmente en materia de confidencialidade e privacidade. O TPV só serve de simple soporte tecnolóxico para pór a disposición do establecemento a app, o BBVA non ten ningunha responsabilidade con respecto ao servizo e ás consecuencias das accións de Revo. Os datos das operacións e clientes do establecemento que usen o servizo contratado por este serán tratados por Revo a través da súa aplicación instalada no TPV. O BBVA non terá acceso a ningún dato en relación co servizo.