Sociedade civil, como se disolve?

A disolución dunha sociedade civil é un procedemento simple cando todos os socios consenten e non existen débedas

A sociedade civil é un contrato polo que dúas ou máis persoas se obrigan a pór en común diñeiro, bens ou industria, con ánimo de repartir entre si as ganancias.

Hai dúas clases:

  • Sociedade civil pública. Constitúese mediante documento público ante notario, e é necesario cando se acheguen bens inmobles ou dereitos reais.
  • Sociedade civil privada. Constitúese mediante documento privado entre as partes. Non ten personalidade xurídica.
Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.

Causas da disolución dunha sociedade civil

A disolución dunha sociedade civil (do mesmo modo que a súa constitución) parte dun mero acordo entre as partes; concretamente, no caso específico do exercicio 2016, o cambio normativo producido na Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas (Lei 35/2006 LIRPF, artigo 8.3) como a Lei do imposto sobre sociedades (Lei 27/2014 LIS, artigo 7.1.a), obrigando as sociedades civís con personalidade xurídica e obxecto mercantil a tributar, a partir do 1 de xaneiro de 2016, polo imposto sobre sociedades, motivou que moitas destas entidades tomasen a decisión de disolverse e liquidarse.

A sociedade civil poderase disolver, entre outras causas:

1. Cando expire o termo polo que foi constituída.

2. Cando se perda a cousa ou se termine o negocio que lle serve de obxecto.

3. Pola morte ou insolvencia de calquera dos socios.

4. Pola vontade de calquera dos socios, (sempre que, p.ex. non sexa por prazo determinado ou se cumpran certas condicións).

5. Por acordo dos socios.

6. Cando algún dos socios incumpra as obrigas sociais.

7. A pedimento dun dos socios e sen ningunha causa transcorridos "X" anos de vixencia da sociedade.

8. Consecuencia da modificación normativa que as obriga a tributar polo imposto sobre sociedades a partir de 2016 e non desexen facelo, de acordo coa disposición transitoria 19ª da LIRPF.

A disolución dunha sociedade civil é un procedemento máis simple que o establecido para as entidades mercantís. Do mesmo modo que a constitución parte dun acordo privado entre as partes, a disolución tamén é máis sinxela cando todos os socios consenten e non existen débedas que haxa que afrontar. En primeiro lugar, deben atenderse as débedas con terceiros e coa Administración pública. Se a sociedade se disolve sen atender os pagamentos pendentes, os socios responderán co seu patrimonio persoal fronte ás reclamacións e embargos que se poidan practicar, en función da súa porcentaxe de participación.

Así que estiver disolta a sociedade civil procederase á súa liquidación.

Unha vez liquidadas as débedas, hai que repartir os bens, se os hai. A repartición recollerase no acordo de disolución. A disolución de sociedade civil réxese polas normas da partición de herdanza (art. 1707 c.c). Unicamente se necesitará acudir a unha taxación pericial para a valoración dos bens e dereitos en caso de que os socios non cheguen a un acordo sobre ese punto. Para determinar a contía para repartir o máis lóxico será aterse ao patrimonio neto social (bens e créditos menos débedas sociais). No acordo de disolución deben constar tamén os motivos que conduciron os socios a tomar esa decisión.

Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.

A disolución da sociedade non modifica os compromisos contraídos con terceiros, senón que son asumidos polos socios, do mesmo xeito que as débedas.

Calquera socio pode instar xudicialmente o procedemento, en caso de desacordo. No mesmo acto, poderá esixir a liquidación do patrimonio social e a restitución das súas achegas.

Unha vez formalizado o acordo de disolución, hai que dar de baixa censual a sociedade civil na Axencia Tributaria, achegando a copia selada e o correspondente modelo censual. Unha vez que, finalmente, se extinga a entidade, os socios terán que presentar cada un deles tamén de forma individual a súa baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores como comuneiros da entidade; para facelo tamén utilizarán o modelo 036.

Para a baixa censual, tanto da sociedade como dos socios, terá que acompañarse a documentación solicitada pola Axencia Tributaria en cada momento, onde sempre terá que acompañarse o acordo de disolución con liquidación da sociedade.

No caso de que a sociedade civil tivese un código de conta de cotización asignado pola TXSS, ao dispor de traballadores contratados e unha vez que estes xa non estean, para a disolución con liquidación tamén procederá a solicitar a baixa do código de conta de cotización asignado.

A solicitude de baixa formalizarase no modelo TA.7 de solicitude de alta, baixa e variación de datos de conta de cotización.

Os socios/comuneiros que estean dados de alta na TXSS para o desempeño da súa actividade na sociedade civil, para os efectos do cumprimento de cotización, no réxime especial de traballadores autónomos, terán que formalizar a súa baixa se non van continuar con outra actividade neste réxime especial.

CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.