Solicitude de moratoria hipotecaria para o sector turístico
Desde o BBVA podemos axudar a reducir o impacto do coronavirus
No pasado 6 de xullo publicouse o Real decreto-lei 25/2020, que inclúe a moratoria hipotecaria para o sector turístico.
Se es autónomo ou empresa, se te dedicas ao sector turístico e o teu negocio ten unha hipoteca co BBVA, podes solicitar un adiamento de ata 9 meses do pagamento da parte de amortización de capital da cota. Durante ese tempo, só pagarías a parte da cota que corresponde a xuros.
Ao aplicar a moratoria, podes estender o prazo da hipoteca tantos meses como adíes o pagamento. Tamén podes manter o prazo orixinal e axustar o importe das cotas para compensar os meses nos que non pagarías. Esta modificación debe ser asinada en escritura pública (os gastos notariais e rexistrais son asumidos polo banco).
- Condicións
- Solicitude
- Prazos
Requisitos que se deben cumprir para ser beneficiario da moratoria:
- Ser autónomo ou empresa con domicilio fiscal e social en España.
- Exercer a actividade en España.
- Sufrir unha redución de ingresos ou facturación entre marzo e maio de polo menos un 40 % de media con respecto aos mesmos meses de 2019.
- Ter rexistrada a actividade baixo un destes códigos: CNAE 5510 (hoteis e aloxamentos similares), CNAE 5520 (aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estancia) ou CNAE 7911 (actividades de axencias de viaxes).
- Dispor dunha hipoteca asociada a un inmoble no que se desenvolve unha actividade relacionada co turismo (en vigor desde antes de 14 marzo de 2020).
Como realizar a solicitude?
Cal é o prazo?