Token móbil: activación e desbloqueo

Activar token no móbil

Seguindo estes sinxelos pasos:

O teu dispositivo de seguridade ou token móbil necesario para a sinatura de operacións actívase mediante a app da banca en liña para empresas.
  • Así que descargues/instales a app da banca en liña para empresas desde o market correspondente, introduce as túas claves habituais de acceso á versión web.
  • O sistema detectará automaticamente que o token móbil está pendente de activación e guiarate neste proceso.
  • En dous pasos, poderás asinar operacións co teu token móbil:
    • Deberás introducir o código de activación que che faremos chegar vía SMS (ao número de teléfono que indicaches para a banca en liña).
    • E asignar un nome que che permita identificalo facilmente (a aplicación permite dispor de varios tokens correspondentes a distintas contas da banca en liña para empresas nun mesmo teléfono). Lembra este nome, necesitaralo cada vez que solicites o código de seguridade para asinares operacións.

 

Por que é importante?

Dobremente protexido.

A túa banca en liña conta co dobre factor de seguridade. Por iso, o sistema solicitarache introducir o código xerado polo teu dispositivo de seguridade (token no móbil), activado a través da app:
  • No acceso, cada 90 días.
  • Na consulta de <Saldos e movementos> cunha antigüidade superior a 90 días.
  • Na sinatura de operacións e validación no circuíto de usuarios.

A autorización de ordes na app é máis sinxela, xa que o token está integrado: accede a <Sinaturas e ficheiros> e selecciona a operación en cuestión.

Desbloqueo de token móbil

Axudarémosche a recuperalo

Se intentas asinar unha operación e a banca en liña para empresas te informa de que o teu token móbil está bloqueado por superar os intentos permitidos, debes contactar co servizo de atención ao cliente (91 224 98 02).