Non esquezas estes pasos para completar as túas compras en liña

Axudámosche a mellorar a túa experiencia de compras

PASO 1

Para completar a compra en liña, entra na app ou en BBVA.es e accede co teu contrasinal, impresión dixital ou recoñecemento facial.  Se tes activadas as notificacións, chegarache unha mensaxe ao móbil para autorizar a compra de maneira directa e o proceso será moito máis áxil. Non peches a pantalla do comercio en ningún momento ata finalizar o proceso.

PASO 2

Ao entrar na nosa app ou en BBVA.es aparecerache unha pantalla cos datos da compra en liña que queres realizar. Revísaos e preme sobre o botón de “confirmar” se son correctos. Se tes varias compras feitas desde distintos comercios, pedirémosche confirmación unha por unha.

PASO 3

Ao confirmala, recibes unha SMS cun código dun único uso que deberás introducir na pantalla que cho solicita. Para que o proceso sexa aínda máis rápido, activa a sinatura biométrica e poderás autorizar as compras coa túa impresión dixital ou a túa identificación facial sen esperar a recibir a SMS.

 

PASO 4

E listo! A túa compra estaría finalizada. Recomendámosche volver ao comercio para comprobar que a autorización se realizou correctamente.