En que se diferencian unha sociedade anónima e unha sociedade limitada?

Estas son as principais disparidades entre estas dúas formas xurídicas

As sociedades anónimas (SA) e as sociedades de responsabilidade limitada (SL) son dúas das formas xurídicas máis estendidas no mundo empresarial.

Ambas as sociedades encádranse dentro das sociedades capitalistas, que son aquelas nas que é máis importante a achega do capital que as características persoais dos socios. A seguir, indícanse as características xerais, entre outras, de cada unha desas sociedades:

Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.

A sociedade limitada (SL)

  • A sociedade limitada ou sociedade de responsabilidade limitada é un tipo de sociedade de carácter capitalista apropiada para empresas con poucos socios e que non necesitan unha cifra elevada de capital.
  • O número de socios para constituíla é un ou máis. Cando están formadas por un único socio chámanse sociedades unipersoais. Neste caso, o socio pode ser unha persoa natural ou xurídica. Tamén pode acontecer que a sociedade fose constituída por dous ou máis socios e que as súas participacións pasasen a ser propiedade de só un.
  • A responsabilidade dos socios é solidaria entre eles e está limitada ao capital achegado, é dicir, só responden das débedas polo capital investido e/ou os bens achegados a nome da sociedade.
  • Responsabilidade da xestión: recae sobre os administradores, non sobre os socios.
  • A razón social debe estar formada polo nome seguido de “Sociedade de Responsabilidade Limitada” ou “Sociedade Limitada”, ou as siglas “SRL” ou “SL”.
  • O capital está dividido en participacións, que son partes iguais acumulables e indivisibles do capital dunha sociedade de responsabilidade limitada e que non se poden incorporar a títulos negociables; a súa transmisión está restrinxida (non é libre) e non se poden denominar accións.
  • O capital mínimo debe ser de 3.000,00 euros e, no momento da constitución da sociedade, debe estar totalmente subscrito e desembolsado. Este capital pode ser en metálico, bens ou dereitos, e é necesario dispor dunha valoración dese ben aceptada por todos os socios fundadores.
  • Para a transmisión das participacións sociais, conforme se recolla nos correspondentes estatutos da sociedade, débese comunicar aos administradores a intención de transmitilas, o número de participacións que se quere allear, a identidade do adquirente e o prezo pactado; se os socios restantes as queren adquirir teñen dereito preferente. Esta transmisión ten que se realizar en documento público.
  • Órgano de administración e xestión: Existen varias opcións e débese optar por unha nos estatutos: Administrador único (unha persoa), administradores solidarios (cada un pode actuar pola súa conta e iso comprométeos a todos), administradores mancomunados (deben actuar conxuntamente, asinando sempre, o que limita e retarda o poder de representación) ou consello de administración (tres ou máis administradores). Nos estatutos recollerase a duración do cargo (o normal é facelo indefinido) e, en caso de existir, a retribución.
  • Obrigas fiscais: unha sociedade limitada está obrigada a tributar polo imposto de sociedades e o IVE.
Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.

A sociedade anónima (SA)

  • A sociedade anónima tamén constitúe unha sociedade puramente capitalista, xa que as condicións persoais dos socios non teñen ningunha relevancia: o capital é o único elemento importante. É o tipo de sociedade que mellor se adapta ás necesidades das grandes empresas.
  • O número de socios para a constitución pode ser un ou máis, ben sexan persoas físicas ou xurídicas. Do mesmo modo que nas SL, cando hai un único socio denomínanse sociedades unipersoais.
  • A responsabilidade dos socios está limitada ao capital achegado.
  • O capital social mínimo de constitución é de 60.000,00 euros. Este capital está dividido en accións nominativas ou ao portador. Este tipo de sociedades pódese crear mediante fundación simultánea (desembólsanse todas as accións no momento da creación) ou sucesiva (as accións vanse desembolsando de forma sucesiva).
  • No momento da constitución, o capital debe estar totalmente subscrito e desembolsado en, polo menos, un 25%. As cantidades pendentes de desembolso denomínanse dividendos pasivos e abóanse posteriormente, segundo o acordado.
  • A razón social debe estar formada polo nome da sociedade seguido de “Sociedade Anónima” ou as siglas “SA”.
  • A transmisión das accións é libre, unha vez que a sociedade estea inscrita no Rexistro Mercantil.
  • Esta sociedade tributa polo imposto sobre sociedades.

Como vemos, as diferenzas entre ambas as sociedades son notables, polo que se queremos crear unha empresa, e estamos dubidando entre unha forma xurídica ou outra, deberiamos analizar con detemento o noso proxecto para determinar en que tipo de sociedade encaixa mellor.

CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.