As catro fases dunha investigación de mercados

Como tratar a información primaria da nosa organización e como estruturar unha investigación de mercados para que sexa realmente útil

Pódese dicir que a información é a materia prima do márketing. Dispor dela convértese nunha ferramenta fundamental grazas á cal as empresas poderán satisfacer a demanda e alcanzar os seus obxectivos de vendas. Como non podería ser doutra forma, o acceso a un elemento tan importante para a consecución dos obxectivos empresariais é caro e difícil de conseguir. A investigación de mercados encárgase desta tarefa e para iso utiliza tanto datos primarios como secundarios.

A información primaria é a que se obtén directamente do mercado e é xerada pola propia empresa, polo que resulta moito máis custosa que a información secundaria, que xa foi previamente elaborada por fontes alleas á empresa e que se encontra dispoñible para esta. O sistema de información de márketing (SIM) é o encargado de subministrar a información primaria á nosa organización.

Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.

Que é unha investigación de mercado?

A investigación de mercados é, polo tanto, a ferramenta administrativa que utiliza medios científicos e prácticos co obxectivo de subministrar información á empresa que mellore o proceso de toma de decisións. Para facelo, aprovéitase da estatística e da análise de datos. Basicamente, é un método para lograr información que utiliza medios como o teléfono, o correo, a observación directa ou as entrevistas persoais. Grazas a estas análises, as empresas poden coñecer con certa obxectividade situacións específicas como a reacción dos consumidores ante o lanzamento dun novo produto.

A ferramenta fundamental da investigación de mercados é o cuestionario, que é un documento que consta de varias preguntas acompañadas de distintas opcións de respostas. Utilízase para obter información da persoa que o cobre e así analizar as tendencias de consumo, cales son os mercados máis rendibles ou prever a demanda que terá un determinado produto.

As catro fases principais en todo proceso de investigación de mercado son as seguintes:

Fase 1. Deseño da investigación

O primeiro paso en toda investigación de mercado ten que ser detectar o problema que hai que resolver e establecer uns obxectivos para logralo. Unha vez feito isto, poderase facer unha investigación preliminar que nos permita extraer información da situación aproximada do mercado.

Fase 2. Obtención da información

O primeiro paso para obter a información é revisar as fontes de datos secundarios de que dispomos (Internet, estudos de mercados xa publicados, etc.) para ver se podemos extraer algunha información que nos interese. En caso negativo ou de que esta sexa insuficiente, recorreremos ás fontes de información primarias.

Para poder acceder a ela, haberá que determinar primeiro o método de obtención da información. Os máis populares son o cuestionario e a enquisa, aínda que existen outros métodos. En calquera caso, haberá que determinar primeiro o tamaño da mostra da poboación á que se realizará a enquisa, para posteriormente facer a recollida física da información a través de enquisadores, por correo ou por calquera outro método.

Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.

Fase 3. Tratamento e análise dos datos

Unha vez obtidos os datos na fase anterior, o seguinte paso será procesalos, normalmente mediante a creación dunha base de datos para que sexa máis fácil traballar con eles. A continuación, os datos son sometidos a técnicas estatísticas para seren analizados. Para facelo, hoxe en día é necesario o uso de programas informáticos específicos, como Eviews. A comparación e a análise dos datos dá lugar a numerosas gráficas e índices estatísticos, entre outros indicadores, que son elaborados por expertos nestas técnicas.

Fase 4. Interpretación e presentación dos resultados

Unha vez conseguida a información de tipo estatístico na fase anterior, será preciso traducir esa información a termos económicos para que poida ser entendida polos responsables de márketing da nosa empresa. Para iso, a información estatística ten que ser interpretada e, posteriormente, elaborarase un informe onde se inclúan as recomendacións sobre as medidas que hai que tomar para lograr os obxectivos propostos.

O informe deberíase redactar da forma máis simple posible, de maneira que calquera persoa interesada o poida entender, independentemente do departamento para o que traballe. Polo tanto, haberá que evitar na medida do posible unha linguaxe que conteña demasiados datos, modelos estatísticos ou tecnicismos. Por último, propóñense recomendacións sobre a decisión que se terá que tomar.

CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.