Condicións do Pack Viajes
Viaxa sen comisións
Só por seres mozo, podes dispor do Pack Viajes estándar gratuíto na túa tarxeta ata que fagas os 30 anos. Devolvémosche as comisións por:
- As compras ou pagamentos que realices nunha moeda distinta do euro (libra esterlina, dólar…) coa tarxeta na que estea activo o Pack Viajes. Sen límite de importe.
- 3 retiradas de efectivo en caixeiros cada mes, tamén nunha moeda distinta do euro.
Tamén che devolvemos as comisións se o fas en fin de semana.
Como me devolven as comisións?
Devolverémoschas no mesmo día en que se cobran as comisións. É dicir, nos movementos aparecerá o cobramento e, antes de acabar o día, chegará a devolución. Se tes tarxeta de crédito, aboaranse no extracto e, se é de débito, na conta. Desde a app, poderás ver en todo momento os movementos e o que aforraches.
Como podo saber en que tarxeta teño asociado o Pack Viajes estándar?
Tes incluído o Pack Viajes estándar gratis polo menos nunha das túas tarxetas. Para saber en cal, accede á información de cada tarxeta na túa app e busca a información do Pack Viajes. Se aparece como Contratado, esa é a tarxeta coa que poderás aforrar comisións cando viaxes polo mundo.
Que comisións aplica se supero os límites do plan?
Se realizas calquera retirada fóra dos límites do plan, aplicaranse as comisións habituais. Podes consultalas no contrato da túa tarxeta.
E se necesito facer retiradas de efectivo sen límites?
Se o necesitas, podes contratar o plan premium para que che devolvamos as comisións por todas as retiradas de efectivo que fagas ao mes. Poderás cancelalo cando queiras e seguir beneficiándote do teu plan estándar gratis.
Ten en conta que os caixeiros estranxeiros poden aplicar outro tipo de comisións que non poderemos devolver.