Tarxeta de crédito Aqua Más
A nova tarxeta do BBVA é o máis do máis.
Porque te protexe aínda máis ao comprares dentro e fóra de Internet e ademais ofréceche máis flexibilidade para pagares calquera gasto superior a 50 € en 3 meses sen xuros (0% TIN, 0% TAE) durante o primeiro ano. Por exemplo, unha compra de 1.500 € devolveríala en 3 cotas mensuais de 500 €.
Sube a outro nivel de seguridade
-
Tan só ti poderás consultar os datos da túa tarxeta Aqua Más desde a app BBVA. Ademais, obterás un código CVV exclusivo para as túas compras en liña.
-
Goza aínda máis das túas compras en liña
Se a túa compra non chega, chega tarde ou con algún dano, axudarémosche a xestionar a reclamación co comercio ata 180 días despois da compra. -
Viaxa ao estranxeiro con máis tranquilidade.
Se perdes ou se che rouban a túa tarxeta, en só 2 horas terás acceso a diñeiro en efectivo e, se o desexas, enviarémosche unha nova tarxeta o seguinte día hábil.
Goza primeiro e decide como pagar despois.
Se che gusta, queda con el
Fai as túas contas e devolve o que gastes como mellor che veña.
Queres comprobar canto pagarías ao mes por fraccionares unha compra?
E todo controlado desde a túa app BBVA
Poderás apagar e acender a túa tarxeta de crédito Aqua Más cando queiras, por exemplo durante os períodos que non a uses, ou por seguridade se nalgún momento non a atopas.
E terás ben controlados todos os teus pagamentos, porque che enviaremos unha notificación cada vez que uses a túa tarxeta. Se algunha vez pasa algo raro, vas sabelo axiña.
-
Solicítaa en liña
E recíbea no teu domicilio. -
Actívaa facilmente
Desde a app BBVA. -
Aproveita máis
todas as súas vantaxes.
Condicións da promoción
Tarxeta emitida polo Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. A concesión da tarxeta de crédito está sometida á autorización previa do BBVA.
Infórmate aquí ou na app do BBVA de como poderías non pagar a comisión de emisión e mantemento de 43 € a partir do segundo ano. En caso de non cumprir condicións, o TIN sería 0% e a TAE do 18,98%.